lunes, 6 de febrero de 2012

EXHIBICIÓN DE ESGRIMA


O venres contamos coa presenza no cole de representantes do clube de esgrima El  Olivo de Vigo para darnos unha pequena charla sobre o esgrima, as suas orixes, reglas, vestimenta, as armas.... A explicación , acompañada dunha presentación power point, foi seguida polos asistentes con gran interese.
Despois, as nosas periodistas acreditadas  de 2º de primaria , María Pérez e Candela Díaz,  tiveron a oportunidade de facer unha entrevista a Yann , monitor de esgrima,  e ao actual campión galego na modalidade de espada Gabriel Traversa.Podedes seguir a entrevista no seguinte video.




E para rematar os nenos e nenas tiveron a oportunidade de ver e practicar a esgrima con florete e espada. Unha experiencia moi divertida segun palabras dos cativos.