viernes, 17 de noviembre de 2017

LIBROS PARA SOÑAR

:
Hoxe a partir das 18:30 na libraría Libros para soñar , na rúa Triunfo 1, en Vigo actuará a Banda dos Cueiros, que interpretarán unha escolma de cancións tradicionais para público infantil a partir de textos literarios, recollidas no seu primeiro libro-cd.
Trátase dunha actividade lúdica e didáctica para rapaces e rapazas de ata 7 anos aproximadamente.

martes, 7 de noviembre de 2017

PHOTOCALL SAMAGOSTÍN

Aproveitando o proxecto anual sobre "O CINE"que realizaeremos o longo do curso fixemos varias persoaxes de diferentes películas de medo para que os alumnos/as se fotografasen -
Aquí están os de infantil.
E aquí as de primaria




LECTURAS DE SAMAGOSTÍN







 O pasado día 31 de novembro con motivo do SAMAGOSTÍN os alumnos e alumnas de 5ºA pasaron polas aulas de Educación Infantil na hora de ler para contarlle contos de medo os máis pequenos do colexio.
.Moitas  grazas.

lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAGOSTÍN

Mañán 31 de outubro celebraremos o SAMAGOSTÍN no colexio.
Outro ano máis contaremos cas castañas máis festeiras da cidade de Vigo, Casilda e Hermenexilda que no seu Photocoll estarán esperandote para posar con elas .

Este ano como novidade aproveitando o noso proxecto sobre "O CINE" cada clase realizará unha persoaxe de películas de medo/terror para que se poidan retratar, aquí vós deixo unha pequena mostra.


" MONSTRUOS SA"
          "CASPER"                                                                                

martes, 24 de octubre de 2017

ABRIMOS XA

Hoxe abriremos a biblioteca do cole e para celebralo os alumnos/as de sexto de primaria escribiron uns contos a partir do poema " Tres voltas ó planeta" de Ana Mª Fernández que na hora de ler irán polas aulas de primaria contándollos os seus compañeiros/as do colexio. Ademais faremos entrega as aulas das mochilas viaxeiras para o curso 17/18.
Deixámosvos algúns destes contos:








viernes, 20 de octubre de 2017

24 de OUTUBRO DÍA da BIBLIOTECA

O próximo martes 24 de outubro celebrase o día da biblioteca que se ven conmemorando dende o ano 1997, dita proposta surxe da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura para recordar a destrucción da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflicto balcánico.
Con tal motivo aproveitaremos e abriremos a nosa biblioteca para o curso 17-18 podendo coller libros, contos e dvd´s. Agardámosvos.

viernes, 29 de septiembre de 2017

HORA DE LER

Este curso os alumnos e alumnas de 5º de primaria disfrutarán dun recuncho para a hora de ler no seu corredor que lle faga máis amena a súa paixón pola lectura.
Silencio estamos a ler.

viernes, 22 de septiembre de 2017

Benvidos

Benvidos a este novo curso escolar que será de "PELÍCULA" xa que este ano levaremos a cabo un proxecto sobre Cine o longo de todo o curso.
Preparádevos, pasarémolo xenial.

viernes, 2 de junio de 2017

REVISTA BREOGÁN 2017


Un ano máis temos a nosa revista breogán! Con distintas experiencias vividas ao longo do curso, traballos, noticias etc. 
Podedes votarlle unha ollada na seguinte imaxe.



miércoles, 31 de mayo de 2017

FESTILETRAS 2017

Un ano máis, para pechar o mes das letras galegas celebramos na última semana de maio o noso Festiletras. Este ano tivemos bailes, cancións, poesías, raps e obras de teatro.
Despois das actuacións tivo lugar a entrega dos premios literarios Novoneyra.
Para máis información preme na imaxe seguinte.

viernes, 26 de mayo de 2017

IV QUEDADA LITERARIA EN CASTRELOS

O pasado 23 de maio o cole Balaídos participou na IV Quedada literaria no parque de Castrelos
Ao redor de 800 alumnos e alumnas de infantil e primaria de 10 centros de ensino quedaron para ler e para lle contaren contos ao alumnado de infantil.
Posteiormente nos xardíns do pazo, continuou a festa da lectura compartida co grupo MIGALLAS.
Participou profesorado dos CEIPs Frián-Teis, Ría de Vigo, Balaídos, Emilia Pardo Bazán (O Chouzo), Carrasqueira, Dr. Fléming, Eduardo Pondal, Chans-Bembrive, O Pombal, A Doblada e O CPI Ribeira do Louro do Porriño. 


miércoles, 24 de mayo de 2017

TEATRO NEGRO

Un ano máis celebramos o día do Teatro Negro. O alumnado de 6º de Educación Primaria representaron a obra “O soño máxico” de Ruth Bernárdez, dirixido pola mestra de música Bea.
Para velo podedes pinchar na seguinte imaxe.


viernes, 12 de mayo de 2017

VISITA DE NATI NATILLAS

Onte tivemos a visita Nati Borrajo ou tamén coñecida como "Nati natillas". Esta dramaturga, escritora e actriz visitou primeiro aos alumnos de 4 e 5 anos aos que lles contou a historia de Pingui, unha gota moi aventureira que correu moitas aventuras! Máis tarde alumnos e alumnas disfrutaron con ela de outra actividade relacionada co libro que leron na clase “A xeometría do Faraón”.
                              

jueves, 11 de mayo de 2017

ENTREVISTAMOS A PROFE Mª JESÚS

Neste curso 2016/17, o alumnado de 5º de Ed. Primaria está a traballar na clase de música a música rusa. Aproveitando que temos no colexio a especialista de inglés Mª Jesús, que ten coñecementos de ruso, fixéronlle unha entrevista. O entrevistador foi Marcos Álvarez, e os que grabaron foron Antía Piñeiro e Maia Pérez. Nas preguntas da entrevista participou todo o alumnado de 5º. 

Aprendemos moito e sobre todo a importancia dos idiomas nas relacións humanas.



martes, 9 de mayo de 2017

ENQUISA PARA CALIDADE DA BIBLIOTECA

Rogamos as familias do centro colaboredes ca biblioteca cubrindo a seguinte enquisa. 
Gracias!


lunes, 8 de mayo de 2017

PASEO LITERARIO VERNE

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o Paseo Literario Verne.
Preme no cartel seguinte para máis información.

martes, 2 de mayo de 2017

OS MAIOS

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera.


(Preme na imaxe)



lunes, 24 de abril de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Como ven sendo unha costume, hoxe para celebrar o día do libro os nenos e nenas maiores apadriñaron un compañeiro/a máis pequeno para lerlle un conto. O fixeron fenomenal e quedaron moi contentos! Nos distintos blogs do cole poderedes ver máis fotos.

viernes, 21 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, polo Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto da autora galega Rosalía Fernández Rial, a poeta agasalla o seu texto ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

miércoles, 19 de abril de 2017

A TROPA DE TRAPO

Hoxe os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil foron o concello a ver unha película chamada "A tropa de trapo". Actividade a cargo de normalización lingüistica do concello de Vigo e que gustounos moito. Aprendimos o importante que é coidar os amigos e non só fixarnos nas apariencias.
Deixamos o trailer para que botedes unha ollada.


miércoles, 5 de abril de 2017

VISITA PACO NOGUEIRAS

Hoxe estivo no cole cos alumnos e alumnas de 5 anos Paco Nogueiras. Contounos contos tan maravillosos como os que aparecen a continuación, dunha forma moi animada. Encantounos Paco! 
Gracias e ata pronto!
  

miércoles, 29 de marzo de 2017

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras, unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano.

O escritor Carlos Casares, será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017. A web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.




viernes, 17 de marzo de 2017

XVIII SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Do 10 de marzo ao 2 de abril. De luns a venres: de 17:00 a 20:00h.
Os sábados, domingos e festivos:De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00h
As exposicións e instalacións permanecerán abertas ao público xeral ata o 2 de abril.
A inscrición é presencial. Podedes apuntaros ás actividades que requiran inscrición previa no horario de apertura do Salón. Ata esgotar as prazas.

(PREME NA IMAXE)

martes, 21 de febrero de 2017

LEMBRANZAS DE ENTROIDO

Moitísimas gracias pola participación na proposta lembranzas de entroido! Así de estupendo vai quedando o noso corredor.


MECO 2017

Aquí presentamos o noso meco deste ano. Unha maleta viaxeira dacordo ca temática anual do centro, o turismo.
Estade moi atendos os mandatos!
Xa vimos de canarios, bailarines... e mañá de cavernícolas!

miércoles, 15 de febrero de 2017

martes, 31 de enero de 2017

DÍA DA PAZ 2017

Onte celebramos o día da paz no cole. Limos o tradicional manifesto, elaborado polos alumnos de 6º, soltamos pombas e interpretamos a canción "Apertas que voan" do disco Brinca Vai de Paco Nogueiras. 
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/629
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/628

lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2017

O día 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Daniel Rodríguez Castelao, celébrase o Día da Ilustración.
As bibliotecas públicas galegas organizan diversas actividades: obradoiros de cómic e ilustración, exposicións, mostras bibliográficas. 
Pinchade no cartel para velas.

viernes, 20 de enero de 2017

NOVA APLICACIÓN INFANTIL: XAVARÍN TVG

A CRTVG ofrece xa a súa programación infantil a través dunha nova aplicación, Xabarín TVG, dispoñible para móbiles e tabletas, con todas as series de animación en galego que se emiten pola TVG2 dentro do espazo Xabarín Club. O seu valor principal é que é a única para cativas e cativos con contidos audiovisuais exclusivamente en galego.

Xabarín TVG: a nova aplicación infantil da TVG

miércoles, 18 de enero de 2017

MARILAR ALEIXANDRE INGRESA EN LA RAG

A bióloga e escritora ingresou o 14 de xaneiro de 2017 na Real Academia Galega, ocupando a cadeira que deixara baleira Xosé Neira Vilas.
Moitas son as obras de Marilar Aleixandre dirixidas ao público infantil e xuvenil, desde A formiga coxa Catro cascarolos ou A expedición do Pacífico á Cabeza de Medusa, en prosa. En poesía, A ovella descarreirada. 

A autora ten visitado moitas bibliotecas escolares para falar dos seus libros e os clubs de lectura teñen as súas novelas entre as preferidas.

ILUSTRADORA MARÍA LIRES

Como todos os anos traballamos un ilustrador/a galego/a. Este ano a elixida foi María Lires. 
No seguinte enlace podedes coñecer a súa obra.

lunes, 9 de enero de 2017