viernes, 20 de octubre de 2017

24 de OUTUBRO DÍA da BIBLIOTECA

O próximo martes 24 de outubro celebrase o día da biblioteca que se ven conmemorando dende o ano 1997, dita proposta surxe da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura para recordar a destrucción da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflicto balcánico.
Con tal motivo aproveitaremos e abriremos a nosa biblioteca para o curso 17-18 podendo coller libros, contos e dvd´s. Agardámosvos.