domingo, 31 de octubre de 2010

EXPOSICIÓN DE CABAZAS TERRORÍFICAS

O venres celebramos o Samaín no cole. A entrada  estaba chea de terroríficas cabazas e o alumnado de 1º e 6º A  vagaba polas aulas vestido de bruxas, pantasmas,vampiros ou esqueletes.


Mentres os alumnos de 1º recitaban o poema "El fantasma Cucufate" ou cantaban as cancións "Patatín, patatán" ´e "El brujito de Gurugú " , os alumnos/-as de 6ºA  contaron relatos arrepiantes feitos por eles mesmos e que a mais de un nos fixo pasar un pouco de medo. Podedes lelos no recucncho literario deste blog.
Despois todos os alumnos/-as de primaria, acompañados dos seus mestres/-as, visitaron a esposición de cabazas e deron o seu voto individual a aquela  que lles pareceu mais terrorífica.   
As 12:00h da mañá procedeuse ao reconto. A cousa estaba moi rifada pois había moi pouca diferencia de votos entre algúns participantes. 
E así, as 12:15 h. anúnciase a gañadora:

¡A cabaza mais terrorífica é a nº 37 que corresponde a Mariana Ponce de 5º A!


PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA

Dende aquí queremos felicitar ao primeiro alumno do centro que foi a biblioteca na tarde do martes a coller un libro en empréstito e que ademais foi agasallado con marcapáxinas para as súas lecturas, gomas e un pin. Trátase de:
SANTI PONCE
da clase de 4º B.

¡FELICIDADES!

domingo, 24 de octubre de 2010

CORRE CORRE CABACIÑA.

Velaí vai unha primeira historia sobre o Samaín.
Trátase da versión cantada do conto CORRE CORRE CABACIÑA da editorial OQO.
A música atoparédelas no cd CONTOS EN CANTOS.


XA CHEGA O SAMAÍN !!!

 Anímate a participar no 
 I CONCURSO DE CABAZAS TERRORÍFICAS convocado pola biblioteca para o vindeiro venres 29 de outubro.
Haberá un agasallo sorpresa para aquela familia que teña elaborado a cabaza que dea mais medo.
Lé atentamente as bases.


¿Como se fai unha cabaza de Samaín? 

A técnica do tallado da caveira é ben sinxela. Empézase cortando a parte  superior como se fose unha boina. Afástase e límpase por dentro cunha culler, toda a polpa e os farrapos de onde colgan as sementes do froito. Tendo o interior ben limpo e rebaixado fanse dous triángulos para os ollos, outro para o nariz e outro burato para a boca. Esta pódese cortar a modo de dentes.
Despois prendemos unha vela no seu interior de xeito que non caia.

 

Se eres dos que aínda pensa que esta é unha festa americana pincha no esquelete.

sábado, 23 de octubre de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

  
O día 24 de outubro é O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA e no cole de Balaídos aproveitamos para inaugurar a nosa remodelada biblioteca escolar con diferentes actos:

Sesión de contacontos a cárrego do ilustrador e escritor ANXO FARIÑA.
Por un día poidemos sentirnos como verdadeiros ilustradores debuxando aos personaxes dos seus libros. E se non non botade un ollo :




Para saber mais sobre o autor e as súas obras pinchade aquí


 

 

 


Inauguración e apertura da biblioteca escolar:
A partires desta semana poderemos disfrutar  deste novo espazo, despois dunha ardua tarefa de reorganización de espazos e fondos por parte do equipo de dinamización, coordinado por Gladis.
Se queres saber cando, como  e que atoparás alí, podes consultar  a GUÍA  DE  USUARIOS.



Creación do blog da biblioteca:

"O RECUNCHO DE XOAN"
O protagonista da nosa biblioteca

Este e o noso primeiro ano no PLAMBE (Plan de Mellora de Biliotecas Escolares) pero, cosa vosa colaboración, isto convertirase nunha experiencia lectora que compensará o esforzo que hai detrás. É por iso que vos convidamos a todos ( familias, mestres, nenos, ANPA, compañeiros doutros centros....) a que participedes nas actividades e colaboredes cos vosos comentarios .