O venres celebramos o
Samaín no cole. A entrada estaba chea de terroríficas cabazas e o alumnado de 1º e 6º A vagaba polas aulas vestido de bruxas, pantasmas,vampiros ou esqueletes.

Mentres os alumnos de 1º recitaban o poema
"El fantasma Cucufate" ou cantaban as cancións
"Patatín, patatán" ´e
"El brujito de Gurugú " , os alumnos/-as de 6ºA contaron relatos arrepiantes feitos por eles mesmos e que a mais de un nos fixo pasar un pouco de medo. Podedes lelos no recucncho literario deste blog.
Despois todos os alumnos/-as de primaria, acompañados dos seus mestres/-as, visitaron a esposición de cabazas e deron o seu voto individual a aquela que lles pareceu mais terrorífica.
As 12:00h da mañá procedeuse ao reconto. A cousa estaba moi rifada pois había moi pouca diferencia de votos entre algúns participantes.
E así, as 12:15 h. anúnciase a gañadora:
¡A cabaza mais terrorífica é a nº 37 que corresponde a Mariana Ponce de 5º A!