lunes, 28 de febrero de 2022

FESTEXAMOS O ENTROIDO!

O venres 25 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido!

Este ano seguindo o proxecto documental integrado "Camiñando por Europa" fixemos  e baixo o lema "Non hai fronteiras", o cole encheuse de exploradores e exploradoras, cámaras de fotos, peregrinos e peregrinas, turistas, pasaportes, información importante dos diferentes países europeos  e cantantes do grupo Tanxugueiras.


Para cumprir o protocolo e todas as precaucións dividimos o desfile, primeiro desfilaron os grupos A e despois os B, coas súas zonas delimitadas para gozar del. Non podemos esquecer o noso presentador, que con moito agarimo e entusiasmo ía comentando, animando e dando comezo a cada desfile.

Queremos compartir con vos ese día, xa que este ano non puidestes facernos compaña.

viernes, 25 de febrero de 2022

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro conmemoramos a Rosalía de Castro.

Este ano, entre todo o alumnado, realizamos un mural empregando a flor preferida de Rosalía, o pensamento.


Tamén levaron para a casa unha flor de pensamento e decorando van uns versos da escritora.




FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

jueves, 3 de febrero de 2022

DÍA DA PAZ

 

O 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e a Non Violencia.

Todos os anos xuntábamonos no patio para escoitar o manifesto e cantar a canción, cunha parte en lingua de signos.

Este ano non podíamos quedar atrás e para celebralo adaptámonos a esta situación que estamos a vivir. 

O alumnado de 6º de Educación Primaria cantou a canción "On écrit sur les mur", ("Escribimos en las paredes"), en colaboración entre as áreas de Lingua Francesa e Música. Ademáis elaborou un manifesto que escoitamos por megafonía.

Todo o centro decorou as súas portas das aulas con palabras de Paz, como dí a canción. 

Nos seguintes vídeos poderedes escoitar ao alumnado e o resultado do traballo realizado:

 CANTA O ALUMNADO DE 6ºA

IMAXES DAS AULAS "A" DO CENTRO

                       
 

 CANTA O ALUMNADO DE 6ºB

IMAXES DAS AULAS "B" DO CENTRO