lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAGOSTÍN

Mañán 31 de outubro celebraremos o SAMAGOSTÍN no colexio.
Outro ano máis contaremos cas castañas máis festeiras da cidade de Vigo, Casilda e Hermenexilda que no seu Photocoll estarán esperandote para posar con elas .

Este ano como novidade aproveitando o noso proxecto sobre "O CINE" cada clase realizará unha persoaxe de películas de medo/terror para que se poidan retratar, aquí vós deixo unha pequena mostra.


" MONSTRUOS SA"
          "CASPER"                                                                                

martes, 24 de octubre de 2017

ABRIMOS XA

Hoxe abriremos a biblioteca do cole e para celebralo os alumnos/as de sexto de primaria escribiron uns contos a partir do poema " Tres voltas ó planeta" de Ana Mª Fernández que na hora de ler irán polas aulas de primaria contándollos os seus compañeiros/as do colexio. Ademais faremos entrega as aulas das mochilas viaxeiras para o curso 17/18.
Deixámosvos algúns destes contos:








viernes, 20 de octubre de 2017

24 de OUTUBRO DÍA da BIBLIOTECA

O próximo martes 24 de outubro celebrase o día da biblioteca que se ven conmemorando dende o ano 1997, dita proposta surxe da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura para recordar a destrucción da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflicto balcánico.
Con tal motivo aproveitaremos e abriremos a nosa biblioteca para o curso 17-18 podendo coller libros, contos e dvd´s. Agardámosvos.