viernes, 18 de marzo de 2011

LARETAS CON ARTE

A visita á exposición ARTE NA AULA deu pé a un traballo de investigación feito na pizarra dixital coa que os Laretas (1º primaria) estamos a profundizar nas técnicas e pinturas galegas. Se estades interesados entrade no recuncho temático. Gustaravos.

miércoles, 16 de marzo de 2011

ARTE NA AULA

Para a semana do 14 ao 18 de marzo, o equipo de biblioteca organizou unha exposición de arte galego no centro, á que asistiron todos os alumnos/-as do centro cos seus respectivos mestres, en horario de mañá. Polas tardes de 16:00 a 18:00h a exposición estivo aberta a toda a comunidade educativa. O martes pola tarde o artista Mingos Teixeira, organizador da experiencia que viaxará por mais de 30 centros da cidade, ofreceu unha visita guiada para as familias.
A continuación podedes ver unha guía de actividades para os nenos/-as, algunhas fotos sobre a visita e o video do acto de inauguración.





viernes, 11 de marzo de 2011

II RECITAL DE POESÍA

¡¿Que non sabes como podes demostrar os teus dotes poéticos? ! ¡¿Que estás desexando escoitar un recital de poesía protagonizado por nenos e non sabes donde ir? !
Pois non te perdas o II RECITAL POÉTICO convocado pola biblioteca para o vindeiro martes día 22 de marzo ás 16:30h  no salón de actos do centro.

E non esquezas rechear o formulario de inscripción que levarán os nenos/-as a casa para poder participar como recitador de poesía. Necesitamos papás, mamás, avós, avoas e todos aqueles que queiran pasar un rato agradable.
No recuncho literario hai unha escolma de poemas cancións e adiviñas para ir facendo boca.

Aproveitamos tamén para dicirvos que podedes coñecer a algúns autores iberoamericanos e a súa obra pinchando aquí
¿Que non estás convencido das ventaxas da poesía? Pincha aquí

jueves, 10 de marzo de 2011

MULLERES ILUSTRES

Co gallo do Día da Muller Traballadora , o 8 de marzo, dende a biblioteca do cole Xoán quere facer unha pequena contribución.
Proponse aos alumnos e mestres de todos os ciclos nos axuden a elaborar un mural con mulleres ilustres e destacadas ao longo da historia. O mural está colocado no corredor da planta baixa ao lado da sala de profes, e alí, dende xa, e durante toda a semana que ven , podemos ir pegando as fotos daquelas mulleres ilustres que coñezamos así como unha breve reseña da súa contribución a historia.

UNHA PISTA: ESTADE BEN ATENTOS A EXPOSICIÓN DE ARTE DA VINDEIRA SEMANA

E  os curiosos consultade a páxina temática do blog. Atoparedes moita información.