miércoles, 16 de marzo de 2011

ARTE NA AULA

Para a semana do 14 ao 18 de marzo, o equipo de biblioteca organizou unha exposición de arte galego no centro, á que asistiron todos os alumnos/-as do centro cos seus respectivos mestres, en horario de mañá. Polas tardes de 16:00 a 18:00h a exposición estivo aberta a toda a comunidade educativa. O martes pola tarde o artista Mingos Teixeira, organizador da experiencia que viaxará por mais de 30 centros da cidade, ofreceu unha visita guiada para as familias.
A continuación podedes ver unha guía de actividades para os nenos/-as, algunhas fotos sobre a visita e o video do acto de inauguración.