martes, 27 de octubre de 2015

CARTEL E PREGÓN DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997 cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. 
A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada nesa mesma data en 1992.
O obxectivo era trasladar a importancia da lectura e da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

Cada ano encárgaselle a un escritor e ilustrador a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. O autor é Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura infantil 2014  e a ilustradora Leticia Ruíz Fernández.

(PREME NA IMAXE)

martes, 20 de octubre de 2015

MAMÁ VAISE Á GUERRA CONTRA O CANCRO

 
 
Como se pode explicar a un neno que tes cancro de mama? Irene Aparici converte a súa loita nun conto para os seus fillos.
Unha raíña cuxo territorio é invadido e que ten un exército de aliados que loitará sen condicións ao seu lado. Unha historia alegórica cargada de positivismo para explicar aos nenos a enfermidade do cancro. Ideal para pais, médicos e educadores. Transmite valores como a coraxe, a solidariedade e a esperanza.

martes, 6 de octubre de 2015

VENRES NAS LIBRARÍAS

(Preme na imaxe)

A nova edición do programa Venres nas librarías, promovido polas consellerías de Cultura e Educación, e de Economía e Industria, xunto coa Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia, ofrecerá máis de 80 actividades este ano, durante as fins de semana de outubro e de novembro, para promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos. Un total de 17 librarías das catro provincias serán o lugar de encontro de público lector, de libreiros e libreiras e de escritores e escritoras para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de diferentes propostas.