jueves, 27 de octubre de 2022

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O SAMAÍN

Por aquí déixovos unhas recomendacións de lectura para o Samaín:


PARA EDUCACIÓN INFANTIL


PARA O PRIMEIRO INTERNIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º E 2º)


PARA O SEGUNDO INTERNIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA (3º E 4º)


PARA O TERCEIRO INTERNIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA (5º E 6º)


miércoles, 26 de octubre de 2022

SAMAGOSTÍN

Xa está aquí o Samagostín, Xoán quere que pasedes uns momentos especiais, divertidos e máxicos no colexio e en familia, polo que buscou na biblioteca e atopou uns contos para que viaxedes xuntos no marabilloso mundo da lectura!













































































martes, 25 de octubre de 2022

NOVIDADES

Neste curso xa podemos abrir a biblioteca polas tardes ás familias! Ides atopala moi cambiada, estivemos de reformas intentando crear un espazo acolledor e especial. 

O horario atópase na marxe dereita do blog:


Queremos seguir contando convosco e coas vosas suxerencias lectoras, polo que creamos un muro virtual onde poderedes anotalas.

Atópase na marxe dereita e nel atoparedes unha breve explicación de como funciona: 


Tendo en conta as suxerencias de mellora, queremos explicarvos como podedes acceder ao catálogo dixital da nosa biblioteca así como as novidades que vaiamos mercando.  

Neste vídeo explicamos todo:

lunes, 24 de octubre de 2022

APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA!

Ola amigos e amigas,

como sabedes, o 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. 

Un curso máis para viaxar polo marabilloso mundo da lectura!

Neste día tan especial entregáronse as mochilas viaxeiras para que aprendades moito e pasedes un bo momento en familia. Tamén se repartiron as caixas violetas de igualdade:


 









 


Os maiores do colexio leron contos aos máis cativos. Foi unha gran experiencia!

No seguinte video deixamos mostra dalgúns momentos vividos:



viernes, 21 de octubre de 2022

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

As Bibliotecas Escolares de Galicia publican o lema e o cartel de cara a este curso 2022/202. O lema elixido, "Escribir a biblioteca escolar", quere poñer o foco na escritura.


Unha xuntanza que falará do poder da escritura e do relato en moi diversos formatos... e do papel facilitador da biblioteca a través das novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias...





Dende a nosa biblioteca seguimos a adaptar o lema ao noso propio proxecto de centro:

"AFORRA ENERXÍA, COIDA A TERRA... ALONGAREMOS A VIDA"