martes, 25 de octubre de 2022

NOVIDADES

Neste curso xa podemos abrir a biblioteca polas tardes ás familias! Ides atopala moi cambiada, estivemos de reformas intentando crear un espazo acolledor e especial. 

O horario atópase na marxe dereita do blog:


Queremos seguir contando convosco e coas vosas suxerencias lectoras, polo que creamos un muro virtual onde poderedes anotalas.

Atópase na marxe dereita e nel atoparedes unha breve explicación de como funciona: 


Tendo en conta as suxerencias de mellora, queremos explicarvos como podedes acceder ao catálogo dixital da nosa biblioteca así como as novidades que vaiamos mercando.  

Neste vídeo explicamos todo: