viernes, 27 de abril de 2018

PADRIÑOS LECTORES

O pasado luns día 23 de abril celebramos no colexio o día do libro cunha actividade na que uns compañeiros lle leen a outros no patio a hora de ler. Este ano os padriños (lectores) e os apadriñados (aos que  se lles le) quedou do seguinte xeito:

6ºA e B------ leen a 3 anos A e B
5ºA e B------ leen a 4 anos A e B
3ºA e B-------leen a 5 anos A
2ºB-----------leen a 5 anos B
4ºA-----------leen a 1ºA
4ºB ----------leen a2ºA
3ºB-----------leen a 1ºB






MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

Aquí tedes algúns marcapáxinas feitos polo alumnado do colexio, a favor da asociación BICOS DE PAPEL, e que as familias poderán mercar de forma solidaria para axudar a dita asociación.



lunes, 23 de abril de 2018

FELIZ DÍA DO LIBRO

Un libro unha aventura.




viernes, 20 de abril de 2018

LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas estivo no colexio cos alumnos e alumnas de sexto contándolles a historia da señorita Buble  ademais de firmarlles os seus exemplares.
 







PACO NOGUEIRAS

O mércores 18 de abril Paco Nogueiras estivo no noso colexio cos alumnos e alumnas de 5 anos contandolles uns contos coa axuda dun ukelele e un acordeón. Os contos que nos  interpretou foron: Coelliño branco, A horta de Simón, Nunu xoga e Grisela.

 







viernes, 6 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO



Este ano, no día do libro (23 de abril),decidimos colaborar cunha asociación chamada "BICOS DE PAPEL"https://bicosdepapel.org/
Para tal axuda,os alumnos/as do colexio decorarán uns marcapáxinas que logo as familias de forma voluntaria poderán mercar aportando a cantidade que estimen convinte, e que será doada a dita asociación.