martes, 27 de febrero de 2018

TRABALLOS ROSALÍA

Aquí vós deixo unha mostra dos traballos realizados no colexio con motivo do día de Rosalía de Castro.










viernes, 16 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

O próximo día 24 de febreiro celebraremos o día de Rosalia , para elo elaboraremos entre todo o colexio un mural con traballos adicados a poetisa padronesa (poemas, debuxos, fotografías, etc).

viernes, 9 de febrero de 2018

TESTAMENTO DO MECO

Os alumnos e alumnas de sexto tamén redactaron o testamento do meco .

TESTAMENTO DO MECO
Xa que me ides queimar, o meu
testamento vouvos deixar:

Déixolles aos de infantil
a miña bondade
para que xoguen moito
e aprendan con felicidade.

Déixolles aos de primeiro
a miña ledicia para que
 consigan aprobar e nos den
unha boa noticia.

Déixolles aos de segundo
a miña ilusión
para que todo o curso
disfruten un montón.

Déixolles aos de terceiro
a miña amizade
para que o ano que ven
aproben con facilidade.

Déixolles aos de cuarto
o valor de Indiana Jones
para que aproben o curso
como verdadeiros campeóns.

Deixolles aos de quinto
a miña paciencia
para que xoguen os partidos
e non haxa pelexas.

Déixolles aos de sexto
o meu mellor comportamento
para que os profesores do instituto
queden moi contentos.

Déixolles aos profesores 
a miña filosofía
para que non perdan os nervios
e estén tranquilos todo os días.

Déixolle a Rogelio
a miña forza
para que o ano que ven
non espere para pechar a porta.

Déixolle a Rubén 
a miña amizade
para que no futuro
siga coa mesma amabilidade.

Déixolle ao colexio
a miña imaxinación
para que os nenos sigan creando
e inventando un montón.

ENTROIDO

Con motivo da celebración do entroido onte , no noso colexio os alumnos e alumnas de sexto de primaria redactaron e leeron as coplas  do meco que volo deixamos a continuación:

COPLAS DO MECO
Culpámoste meco                              Culpámoste meco
polos talibáns                                    polo goberno catalán
que acabarán destruíndo                   que con tanto descerebrado
todo Afganistán.                               non sabemos como rematará.

Culpámoste meco                            Culpámoste meco
polos atentados de Barcelona           por Carles Puigdemont
que por uns tolos fanáticos               por ese presidente
morreron moitas persoas.                que saíu tan fanfarrón.

Culpámoste meco                            Culpámoste meco
polos incendios de galicia                 pola fuga de Puigdemont
que arderon os montes                     porque alá por Bélxica
e leváronse a ledicia.                        está armando un follón.

Culpámoste meco                            Culpámoste meco
por queimar as árbores                     polo medo nos nosos corazóns
que a xente con medo e auga            porque entre Trump e King Young-un
protexeron os seus fogares.               poderían apertar o seu botón.

Culpámoste meco                            Culpámoste meco
por todas as inxustizas                      polo presidente de Corea do Norte
como os atentados                           que pola intervención de Trump
e as súas vítimas.                              Lanzará unha bomba mooi lonxe.

Culpámoste meco                             Culpámoste meco
por todas as desaparicións                 por deixarnos sen canción
que como a de Diana Quer                dado a marcha de Guidetti
afectounos un montón.                       coa que bailábamos con ilusión.

Culpámoste meco                              Culpámoste meco
 polos rapaces asasinos                      polos cans abandonados
porque con catorce anos                    por todos eses animais
xa matan ancianiños.                          que están tan maltratados.

Culpámoste meco                              Culpamoste meco
pola guerra de Siria                            por non gañar Eurovisión
que con tantos bombardeos               que o galo de Manel
destruíron moreas de familias.            estropeounos a canción.

viernes, 2 de febrero de 2018

UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Achégase o ENTROIDO!
O luns 5 de febreiro comezan as celebracións desta tradicional festa, da que dende sempre gozamos no noso cole. Este ano xira arredor do que é o noso proxecto anual: O CINE.
A nosa escola estase poñendo "DE PELÍCULA"!!!!!!!
De luns a xoves (do 5 ao 8 de febreiro) teremos que aturar unha vez máis ao insufrible MECO.
Abofé que vos é ben pesado! Queimámolo un ano e... volve ao seguinte!
Cada día vainos amolar de novo coas súas ordes para vir disfrazados co que el mande.
Mais, din por aquí que o venres vai ser xulgado e, case que seguro, queimado.
Como xa vén sendo cotián, o alumnado de 5º anda a pensar e redactar as ORDES DO MECO e os de 6º, rematando o seu XUIZO E TESTAMENTO.
Estade ben tranquilos, nais e pais do noso alumnado, e tede por seguro que vos informaremos de horarios e demáis detalles a ter en conta o vindeiro
VENRES DÍA 9 DE FEBREIRO. 
Agardemos que non nos chova!   Con este MECO tolo, todo pode ser posible!
Deixámosvos aquí estas imaxes. Están relacionadas cos disfraces e comparsas dos respectivos niveis de alumnos. 

Hoxe martes 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Os alumnos/as de 6º de primaria leron un manifesto en forma de poesía, logo todo o centro participou na solta de pombas e acabamos bailando todos xuntos a danza da paz de Mamá Cabra.



Durante esta semana cada clase coloreou varios corazóns e hoxe os empregamos para montar unha árbore chea de bos desexos.