martes, 30 de septiembre de 2014

VENRES NAS LIBRARÍAS

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2014/09/23/dossier_venres_librarias.pdf
  (PREMA NA IMAXE)
 
Acaba de presentarse esta campaña de promoción do libro por parte da Federación de librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores. "Venres nas librarías" será un encontro cos libros e os seus autores na tarde dos venres.
Nalgúns países tense reivindicado o venres cultural, nalgunhas vilas tense levado a cabo durante un tempo, agora as librarías convidarannos ao encontro nesas tardes dos meses de outono. Unha boa alternativa para saír da casa e volver cun libro na man para facer máis rico o fin de semana. Tamén os pequenos e as pequenas da casa están convidados.