jueves, 19 de diciembre de 2013

AGRADECEMENTO



Este ano temos q agadecer a outros colexios, a colaboración para facer a guía de nadal

martes, 17 de diciembre de 2013

Contos no Nadal para todas as idades ata o 4 de Xaneiro!

Centro de Interpretación da Oralidade ten preparadas máis de trinta actividades en dezaoito puntos da nosa cidade. Historias para público familiar, xente miúda e bebés. Actividades atractivas, creativas e plásticas para os cativos, contos de cores, do tranvía, de carteiros… Todas estas actividades serán de balde e na programación que vedes a continuación podedes atopar o nome de cada actividade, a idade recomendada e o enderezo de cada espazo no que se levará a cabo.

NON O VAIADES PERDER!


Sin título-1

(Preme na imaxe para ver a programación)

martes, 10 de diciembre de 2013

Ollos de aula, nº11

Xa saíu o número de decembro da revista da CGENDL Ollos de aula. Este mes trata temas tan interesantes como a nova lei de educación e como afecta ao galego, o departamento de orientación e recomendacións para ler, escoitar e agasallar.
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n11_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf

 (Preme na imaxe)






OBRADOIRO DA IGUALDADE

O mércores 4 de decembro tiveron as aulas de 6º de educación infantil un conto e obradoiro sobre a igualdade entre nenos e nenas e que os xoguetes non deben ser soamente dun sexo.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

martes, 3 de diciembre de 2013

Xoguetes de reciclaxe

Grazas polos  xoguetes tan fermosos feitos con material de refugallo, lográchedes incentivar a conciencia ecolóxica dos máis pequenos. 
Reciclando e xogando na casa.

Bo traballo!





viernes, 29 de noviembre de 2013

CULTURGAL CHEGOU A PONTEVEDRA!

Culturgal é a Feira das Industrias Culturais. É un evento cultural para o desfrute de toda a familia que trata de potenciar a cultura galega na comunidade. Celebrarase no Pazo de la Cultura da cidade do Lérez entre os próximos días 29 e 30 de Novembro e 1 de Decembro. Todos os asistentes poderán gozar dunha morea de actividades lúdico-culturais, o espazo albergará tamén unha feira onde as empresas participantes expoñerán os seus produtos á venda e na tenda Culturgal poderanse adquirir produtos cun 10% de desconto. Entre outros o público encontrarase con temas como a literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo, maxia, novas tecnoloxías, etc.

A entrada será gratuíta aínda que o público poderá pagar unha entrada voluntaria para colaborar.



(Preme na imaxe para ver o programa)

           

martes, 26 de noviembre de 2013

Formación para nais e pais na Semana do Aleitamento, do 26 ao 30 de novembro en Goián.

Coincidindo coa celebración do Día Mundial contra a Violencia de Xénero o Concello de Tomiño celebra a súa Semana do Aleitamento. Estas xornadas comezan o martes 26 e rematan o sábado 30, ofrecendo obradoiros para pais e nais que nesta edición estarán centrados na comunicación que se emprega no proceso de crianza ainda que tamén hai programada unha charla sobre ximnasia hipopresiva e o sábado levarase a cabo un obradoiro de cantigas de berce. Todas as actividades da Semana do Aleitamento son de balde, pero para algunhas delas é necesario facer inscripción previa. No caso das actividades do martes e do mércores haberá servizo de gardería no propio auditorio.

Programación da Semana do Aleitamento
Martes 26 de novembro
Charla: Dime como falas e direite como educas. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
  • Auditorio de Goián ás 17.00
Mércores 27 de novembro
Charla: Muller, saúde e recuperación postparto. Impartida por Aurora Costas, experta no método hipopresivo
  • Auditorio de Goián ás 17.00
Xoves 28 de novembro
Obradoiro: A linguaxe positiva e a conducta alternativa. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
  • Centro Goianés ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Venres 29 de novembro
Obradoiro: Algúns trucos para unha comunicación eficaz. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
  • Centro Goianés ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Sábado 30 de novembro
Obradoiro de nanas: Entre arrolos e contiños. A cargo de Migallas Teatro para familias con nenos pequenos.
  • Auditorio de Goián ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Máis información en concellotomino.com e no 986 622 001
  • Auditorio de Goián en Rúa de Pío Troncoso, teléfono 986 622 988
  • Centro Goianés en Avda. Ordóñez 9, teléfono 986 620 017
 semana do aleitamento tomiño goián

viernes, 22 de noviembre de 2013

Fina Casalderrey numeraria da Real Academia Galega!

A escritora Fina Casalderrey ingresará este venres, día 22, como académica numeraria da Real Academia Galega (RAG), nun acto, ás 19.00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, segundo informa a institución académica.

Neste, Casalderrey dará lectura ao seu discurso de ingreso 'Viaxe á semente. Dende vos refachos do corazón ata onde habita ou imaxinario'. Tras a súa intervención, e en nome da Real Academia Galega, responderalle Rosario Álvarez Blanco.

Fina Casalderrey Fraga, nacida en Xeve (Pontevedra) en 1951, compaxinou a súa faceta de escritora, fundamentalmente no ámbito da literatura infantil e xuvenil, coa de profesora de Educación Secundaria.


Parabén Fina!


miércoles, 20 de noviembre de 2013

martes, 19 de noviembre de 2013

"A miña primeira Rosalía"

"A miña primeira Rosalía" é un libro disco que continúa a estela daquel outro, "O primeiro Celso Emilio", que Xerais fixera público o ano pasado.
Da autoría de Xosé e Xiama Lastra, o libro consta dunha biografía e unha antoloxía poética, así como dun CD no que se recollen unha ducia de poemas musicados, interpretados por Mini e Mero, Xiana Lastra e María Manuela, que tamén é autora das ilustracións.   




 

A RECICLAXE

Este ano o centro de interese do colexio é o do reciclaxe e se queredes máis información e recursos para traballar clicade na imaxe.

martes, 12 de noviembre de 2013

Ollos de aula, nº10

Ollos de aula é una revista que edita a  coordinadora galega de equipos de dinamización e normalización lingüística. Cada mes sae un novo número con temas moi interesantes. Este mes aborda temas como a coeducación, o acoso escolar e o proxecto interdisciplinar.

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
(Preme na imaxe)

viernes, 8 de noviembre de 2013

Programación cultural en novembro e decembro no Auditorio Municipal do Concello de Vigo!

O Auditorio municipal ten programadas 16 actividades durante os meses de novembro e decembro. Os espectáculos para público xeral se levarán a cabo os venres pola noite e os de público familiar serán os domingos pola tarde.
As entradas dos venres custarán 7€ e as dos espectáculos familiares dos domingos 3€ para menores de 12 anos e 5€ para adultos. A programación dirixida ao público adulto inclúe pezas cómicas, dramas, música de autor e folk e como novidade este ano se inclúen dúas pezas de monicreques para adultos. Na sección para o público familiar poderemos desfrutar de espectáculos de monicreques, de mímica, de teatro musical e contemporáneo e de maxia.

 
 Consulta o programa completo en vigocultura.org

martes, 5 de noviembre de 2013

O SAMAGOSTIN

FESTA NO BALAIDOS!!!! O mércores 30 de outubro os nenos e nenas tiveron no colexio a celebración do tradicional magosto xunto coa celebración do samain O tempo de Samaín tamén é tempo de castañas, de facer colares de zonchos para liberar as ánimas defuntas... Ademáis, é o tempo en que aparece o frío e a morte vaga pola terra. A noite do 31 de outubro é a mais perigosa do ano... As portas do alén ábrense e as ánimas saen a visitar este mundo.... Por iso son moi frecuentes as aparicións da Santa Compaña na Noite de Todos os Santos. Para afastar as ánimas defuntas e errantes, adoitanse facer caliveras na cortiza das cabazas.

miércoles, 30 de octubre de 2013

GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS 2013!

Xa sabemos cales son os gañadores do concurso de cabazas! Cada ano está máis empatado e aínda que todos merecen un premio (e terano convertido en bibliopuntos) só tres poden ser os finalistas, que a maiores se levarán bibliopuntos extra! 4 para o primeiro posto, 3 para o segundo e 2 para o terceiro.

Agora si aí vai o resultado!

- 1º finalista: Alexander García de 6º A de infantil
- 2º finalista: Paula Penedo de 3ºA
- 3º finalista: Adrián Gesteira de 5ºB


Parabén a todos polo voso traballo e ánimo para seguir participando nas vindeiras actividades que se irán propoñendo ao longo deste curso!

martes, 29 de octubre de 2013

ENTREGA MOCHILAS VIAXEIRAS EN PRIMARIA

Onte foi a entrega das mochilas viaxeiras na primaria, os nenos e nenas xa teñen moitas gañas de telas na casa e de coñecer tódalas sorpresas que lles acompañan.


Estas virán cargadas de novidades!

 

viernes, 25 de octubre de 2013

Concurso de cabazas 2013!

Unha das actividades que levamos a cabo ao longo da semana é o noso xa famoso Concurso de Cabazas de Samaín, unha actividade que poñemos en marcha co fin de facer partícipes as familias nesta festa. 

Ano tras ano a participación é maior, así como a orixinalidade á hora de decorar as cabazas. O máis importante é ese momentiño no que toda a familia se reúne para facer algo en común divertido e moi entretido como pode ser decorar unha cabaza.

Cal será a gañadora? Pronto saberémolo. ESTADE MOI ATENTOS!

Un ano máis grazas pola vosa estupenda participación

 

miércoles, 23 de octubre de 2013

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Mañá 24 de outubro é o día internacional das bibliotecas escolares se queredes máis información clicade na imaxe que aparece á dereita do blog, un chisquiño máis abaixo ou na mesma imaxe que aparece aqui.

martes, 22 de octubre de 2013

“Os sábados, conto” na Biblioteca Central. E moitas máis actividades!

Case todos os sábados de outubro a xuño haberá contacontos, teatro, monicreques, etc., para nenos/as a partir de 3 anos na Biblioteca Central de Vigo (c/Joaquín Yañez, 6, Casco Vello). 

 - Sábado 26 ás 11:00: "Maxia Vs Ciencia", narración e teatro pola Illa dous Nenos. Para nenos de 7 a 14 anos. 120 min  

Celebración do Día Internacional das Bibliotecas na Biblioteca Central Taller de actividades infantís no cal se elaborará un libro para a biblioteca. Os nenos/as escollerán a temática da historia que queiran contar nel e montarán coa axuda dos seus pais as distintas páxinas deste libro tan especial. 

- Xoves 24 de outubro ás 18:00 

Para máis información: http://rbgalicia.xunta.es/vigo/ 
                                  Tlf: 986229074 


viernes, 18 de octubre de 2013

O CULLARAPO CROQUE

O mércores 16 de outubro estivo no colexio Balaidos un contacontos "Miguel Ángel" moi simpático que realizou unha actividade cos nenos/as de 5 anos na pizarra dixitak do conto "O Cullarapo Croque"

miércoles, 16 de octubre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS EN INFANTIL

No colexio xa comezaron na educación infantil unha viaxe sensacional esas mochilas de cor laranxa que fan que os nenos/as e nais e pais teñades un pequeno traballo cos vosos fillos/as na fin de semana despois da lectura dun conto que fai voar a imaxinación. Agardamos que vos gusten.

martes, 8 de octubre de 2013

PAN DE MILLO xa está aquí!

“Pan de millo” é un libro-disco publicado por Kalandraka e dirixido a público familiar en que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática. Os arranxos e adaptacións están feitos por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas.

miércoles, 2 de octubre de 2013

Nace Oink! A revista do Xabarín Club

Saíu á rúa a revista do Xabarín Club Oink, que inicia a súa cita mensual co público infantil e xuvenil repleta de historias, actividades e cómics. A publicación, lanzada pola editorial galega Agalip con licenza da TVG, distribúe en quioscos e subscricións o seu primeiro número, que conta con 56 páxinas. A revista é un proxecto desenvolvido por un equipo de xente nova co obxectivo de ofrecer aos nenos contidos divertidos e dinámicos dende a óptica da mascota do club. Deste modo, nas páxinas de Oink inclúense cómics de autores de distintos estilos, entre os que se encontra Miguelanxo Prado, creador do Xabarín, xunto a Kiko dá Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Marilar Aleixandre ou Pinto&Chinto, entre outros.

OUTONO E MAGOSTO

Xa comezou o OUTONO e con él celebrarémolo magosto e o samain porque SOMOS MOI FESTEIROS (Lembrade que se queredes máis información de estas datas tedes que facer click nos iconos que se atopan a esquerda deste blog)
Coma tódolos anos temos un tema escollido no centro e este ano tócanos OS TRES R: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR., para que vaiades entrando en materia eiquí vós deixamos un conto dos BOLECHAS

viernes, 27 de septiembre de 2013

Quen é o noso xoan

Dende a biblioteca vos propoñemos que para o día 24 de outubro busquedes quen é o noso xoan??????????
O día internacional das bibliotecas Escolares é o 24 de outubro, se queredes máis información clicade no icono que tedes a dereita de este blog.

lunes, 9 de septiembre de 2013

BENVIDA AO CURSO 2013-14




 ENTRA NA BIBLIOTECA E :
RI, NAMÓRATE, VIAXA, INVESTIGA, EMOCIÓNATE,  ENTÉRATE, SOÑA AVENTÚRATE, TREME...
A partires do día 24 de Outubro e aprobeitando que é o día internacional das bibliotecas escolares , abriremos as portas da nosa biblioteca para o curso 2013-14 e vos esperamos a todos/as.

martes, 11 de junio de 2013

Recomendacións lecturas verán

Xa remata o curso 2012-13 e dexésamos teñades unhas moi boas vacacións, coma tódolos anos vos ofertamos algunhas das lecturas que podedes facer no verán. UNHA APERTA! Bo Verán!

lunes, 10 de junio de 2013

Teatro Negro

Os nenos/as de sexto fixeron unha obra de teatro negro coa cal deixáronnos abraiados e as fotos atópanse na páxina web do noso colexio

Entrega de premios para os máis lectores!

O pasado venres 7 de Xuño, tivemos a entrega de premios para os nenos e nenas de educación infantil que máis libros levaron a casa da biblioteca do colexio durante o ano e os que máis participaron nas actividades propostas polo departamento da biblioteca. Gañou un neno/a por nivel e tivemos empate en 5 anos. Parabéns a todos/as e ánimo cara o vindeiro curso!

jueves, 6 de junio de 2013

Entrega de premios Uxío Novoneira e biblioteca

O día 31 de Maio repartíronse os premios aos mellores relatos feitos polos nenos/as e familias. Agradecemos a vosa participación!. Tamén repartíronse os premios para o alumnado que gañou máis bibliopuntos grazas a participación que tiveron cas actividades propostas pola biblioteca e os libros que levaron para ler na casa. Parabéns para todos!

lunes, 27 de mayo de 2013

Libros de auga

Os nenos e nenas  de sexto inventaron uns contos moi bonitos sobre o tema que o centro escolleu este ano

jueves, 23 de mayo de 2013

VISITA MIRO MAGARIÑOS EN INFANTIL

Educación infantil o mércores tivo a visita de Miró Magariños co seu teatro de sombras, os nenos e nenas quedaron abraiados.