Coincidindo coa celebración do Día
Mundial contra a Violencia de Xénero o Concello de Tomiño celebra a súa
Semana do Aleitamento. Estas xornadas comezan o martes 26 e rematan o
sábado 30, ofrecendo obradoiros para pais e nais que nesta edición estarán centrados na comunicación que se emprega no proceso de crianza ainda
que tamén hai programada unha charla sobre ximnasia hipopresiva e o
sábado levarase a cabo un obradoiro de cantigas de berce. Todas as
actividades da Semana do Aleitamento son de balde, pero para algunhas
delas é necesario facer inscripción previa. No caso das actividades do
martes e do mércores haberá servizo de gardería no propio auditorio.
Programación da Semana do Aleitamento
Martes 26 de novembro
Charla: Dime como falas e direite como educas. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
- Auditorio de Goián ás 17.00
Mércores 27 de novembro
Charla: Muller, saúde e recuperación postparto. Impartida por Aurora Costas, experta no método hipopresivo
- Auditorio de Goián ás 17.00
Xoves 28 de novembro
Obradoiro: A linguaxe positiva e a conducta alternativa. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
- Centro Goianés ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Venres 29 de novembro
Obradoiro: Algúns trucos para unha comunicación eficaz. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
- Centro Goianés ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Sábado 30 de novembro
Obradoiro de nanas: Entre arrolos e contiños. A cargo de Migallas Teatro para familias con nenos pequenos.
- Auditorio de Goián ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Máis información en concellotomino.com e no 986 622 001
- Auditorio de Goián en Rúa de Pío Troncoso, teléfono 986 622 988
- Centro Goianés en Avda. Ordóñez 9, teléfono 986 620 017
