domingo, 24 de octubre de 2021

APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA!

 Ola amigos e amigas,

como sabedes, o 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. Un curso máis para viaxar polo marabilloso mundo da lectura!

Neste día tan especial non me atopo no colexio. Queredes saber que foi o que pasou? 

Dádelle ao play!

Mentres non volvo déixovos as mochilas viaxeiras para que  aprendades moito e pasedes un bo momento en familia.


Vouvos botar moito de menos, mantereivos informados e en nada xa estou de volta, con moitas historias e recordos da miña viaxe para vós. Deica logo!

jueves, 21 de octubre de 2021

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

As bibliotecas escolares de Galicia publican o lema e o cartel de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA", quere poñer o foco na palabra e a oralidade.

Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.

Dende a nosa biblioteca seguimos a adaptar o lema ao noso propio proxecto, que neste curso vai da man co proxecto Etwinning que imos levar a cabo no colexio:

"CAMIÑANDO POR EUROPA"


O curso pasado a Curuxa viaxou arredor de Europa e coñeceu Polonia, Suecia, Grecia e Turquía. Este curso Xoán, a mascota da biblioteca quixo ser coma Curuxa e descubrir Europa. Camiñaremos da súa man para coñecer a música, a gastronomía e a literatura dos nosos países veciños e eles coñecerán a nosa cultura.