martes, 21 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Outro ano máis chega o Nadal e dende a biblioteca do colexio querémosvos animar a ler , polo que deixámosvos unhas recomendacións de lecturas que podedes aproveitar para que cando escribades as vosas cartas a Papá Noel e os Reis Magos as podades pedir. 

Felices Festas.

PRELECTOR@S






PRIMEIROS LECT@S

 

LECTOR@S EN MARCHA


 




LECTOR@S AVANZAD@S





 



lunes, 29 de noviembre de 2021

XOÁN XA CHEGOU A ESTONIA!

NOVAS, NOVAS, NOVAS FRESCAS!

Xoán xa chegou a Estonia e escribiunos unha carta:

"Hello!  

Primeira parada da miña viaxe, Narva! I met a lot of friends and I am learning a lot of English!

Bótovos de menos, pero estou pasándoo moi ben, coñecendo nenos e nenas deste cole tan bonito en Estonia e aprendendo moito con eles.

Pronto teredes máis noticias miñas! Mándovos unha aperta grande desde Estonia."

Envíovos unhas fotos:

jueves, 25 de noviembre de 2021

CELEBRAMOS O 25 DE NOVEMBRO

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para conmemorar esta data @s alumn@s realizaron, entre todos nas súas aulas, un mural no que reflexionamos sobre o que facemos nas seguintes situacións:

 "Se me queres..." e "Se me queres, non..." 

Para rematar, colocamos todos os nosos murais no corredor principal do colexio, mostrando o noso apoio e loita contra a violencia de xénero.

Aquí deixamos a mostra do traballo realizado:

lunes, 8 de noviembre de 2021

1ºRETO: CAMIÑANDO POR EUROPA

 Ola rapaces e rapazas,

como sabedes neste curso estou a viaxar por Europa, coñecendo outros países. 

Queredes saber cales son? Propóñovos un reto. Teredes que pasar probas e poñer a proba os vosos coñecementos como lectores.

Aceptades? Buscade o voso nivel e a xogar!




RETO PARA EDUCACIÓN INFANTIL:


RETO PARA O 1º INTERNIVEL (1º E 2º):


RETO PARA O 2º INTERNIVEL (3º E 4º):


RETO PARA O 3º INTERNIVEL (5º E 6º):

domingo, 24 de octubre de 2021

APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA!

 Ola amigos e amigas,

como sabedes, o 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. Un curso máis para viaxar polo marabilloso mundo da lectura!

Neste día tan especial non me atopo no colexio. Queredes saber que foi o que pasou? 

Dádelle ao play!

Mentres non volvo déixovos as mochilas viaxeiras para que  aprendades moito e pasedes un bo momento en familia.


Vouvos botar moito de menos, mantereivos informados e en nada xa estou de volta, con moitas historias e recordos da miña viaxe para vós. Deica logo!

jueves, 21 de octubre de 2021

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

As bibliotecas escolares de Galicia publican o lema e o cartel de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA", quere poñer o foco na palabra e a oralidade.

Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.

Dende a nosa biblioteca seguimos a adaptar o lema ao noso propio proxecto, que neste curso vai da man co proxecto Etwinning que imos levar a cabo no colexio:

"CAMIÑANDO POR EUROPA"


O curso pasado a Curuxa viaxou arredor de Europa e coñeceu Polonia, Suecia, Grecia e Turquía. Este curso Xoán, a mascota da biblioteca quixo ser coma Curuxa e descubrir Europa. Camiñaremos da súa man para coñecer a música, a gastronomía e a literatura dos nosos países veciños e eles coñecerán a nosa cultura.

lunes, 21 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Logo dun curso atípico, cheo de hidroxel, mascarillas, distancia de seguridade e todo tipo de protocolos, chegou a hora dun merecido descanso. Por iso tedes aquí unhas recomendacións de libros de lectura para relaxarse e desconectar .
                    
EDUCACIÓN INFANTIL
1º INTERCICLO (1º e 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA)
2º INTERNIVEL (3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA)

3º INTERNIVEL (5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA)


BO VERÁN!

viernes, 28 de mayo de 2021

VISITA DO ESCRITOR ANTÓN CORTIZAS

O día 26 de maio, as nenas e nenos de primeiro de Educación Primaria recibiron a visita de Antón Cortizas, escritor do conto "O lapis de Rosalía", que leron en clase.

Disfrutamos moito da súa compaña e tivemos a sorte de ver e usar o lapis máxico de Rosalía.


Esperamos que volva pronto visitar o noso colexio!


 
 



 


viernes, 21 de mayo de 2021

ENCONTRO CO ESCRITO XAVIER ESTÉVEZ

O pasado martes día 11 de maio, visitou ao alumnado de 5º de Educación Primaria, de maneira virtual, o autor do libro “Avións de papel”, Xavier Estévez. Neste encontro, feito por videoconferencia, puidemos intercambiar as diferentes visións sobre o argumento do libro, impresións sobre os protagonistas, así como a experiencia persoal do autor nos seus inicios como escritor.

Ademais, Xavier contounos tamén que xa escribiu a segunda parte da historia de Lucas e Sara, os protagonistas do libro que xa lemos. Este nova obra se titula “Os camiños do vento” e, por suposto, xa estamos desexando lela!!!


A experiencia foi moi ben recibida e valorada polo alumnado de quinto, que desexa que se volva repetir pronto.

jueves, 13 de mayo de 2021

A NOSA REVISTA BREOGÁN 2021

 

Xa está aquí a revista Breogán!  

Pinchade na foto para poder vela:


DÍA DAS LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS CASTAÑO

  Este ano as Letras Galegas adícanse a Xela Arias Castaño. 


Deixámosvos unha serie de recursos para que podades traballala nas aulas:


No PORTAL DE LINGUA GALEGA tedes un montón de material para Infantil e para Primaria. Podedes ver a biografía, marcapáxinas, unidades didácticas para cada idade, conto, entre outras moitas cousas. 

Pincha na foto para poder acceder ou no seguinte enlace 



Agora propómosvos un xogo:



Finalmente, deixámosvos unha canción de Samuel Soto Macías sobre a vida de Xela Arias Castaño. Esta é unha adaptación con pictogramas para favorecer a comprensión da fantástica letra e conmemorar o Día das Letras Galegas 2021. 


lunes, 10 de mayo de 2021

ENQUISAS

Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca solicitamos a vosa colaboración cubrindo unha breve enquisa, anónima, que nos axudará a ter unha visión xeral, planificar e ver a línea de traballo para o vindeiro curso, así como ter en conta todas as suxestións que consideredes oportunas para seguir mellorando. 

O prazo para participar será desde o martes 11 ata o 21 de maio.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.




Para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria deixamos o enlace para que poida acceder a súa enquisa en horario lectivo, desde o seu ordenador, co seu titor/a:



Para todos os compañeiros e compañeiras deixamos o enlace da nosa enquisa:



DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celebramos o Día da Familia. Esta conmemoración reflicte a importancia que ten a familia como unidade básica da sociedade, así como a súa preocupación pola situación das familias en todo o mundo.

Este curso, o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria lerá o conto:

"Una gran familia" de Elisenda Roca e Rocío Bonilla.

Unha nena, desde a súa perspectiva, descríbenos, a través as súas amigas e amigos as diferentes familias que viven no seu barrio coas súas diferentes profesións e diferenzas entre elas. O tema principal para Violeta e os seus amigos e amigas é a preparación dunha festa no seu barrio, o tema principal das autoras dádenos a coñecer as diferentes familias que nos podemos atopar nunha veciñanza e a súa harmonía entre elas.

(Clica na imaxe)



Mentres que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria lerá o conto:

"Mi familia es de otro mundo" de Cecilia Blanco.

Durante moito tempo considerouse “normal” só á familia constituída por nai, pai e fillos. Con todo, unha situación frecuente é que os pais/nais sepárense e formen (ou non) novas familias. Tamén as hai con abuel@s que crían aos seus niet@s sen a presenza dos proxenitores. A adopción ou os métodos de fertilización asistida xa non se ocultan como algo vergoñoso. Afortunadamente, vanse normalizando as parellas conformadas por dous homes ou dúas mulleres que deciden ter ou adoptar fillos ou fillas.
En suma, existe unha ampla gama de modelos familiares que ratifican que vivimos nunha sociedade dinámica, complexa e diversa.
A miña familia é doutro mundo! reflicte esa diversidade, con humor e tenrura, a través das historias de diferentes nenos/as. Sete familias que por medio de fortes lazos de amor entre os seus integrantes logran resolver os seus problemas, adaptarse aos cambios e aceptar as súas perdas.
Este libro axudará a que os nenos/as vexan que a súa familia –e a dos demais– é única e que, a final de contas...non é nada doutro mundo!

(Clica na imaxe)


FELIZ DÍA FAMILIAS!