jueves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

#QuedaNaCasa 


Desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.


Para a difusión do Día do Libro, Manuel Gago, escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, creou un texto orixinal cedido xenerosamente, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:



"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"



Xoán a través do seu blogue quere festexar o Día do Libro dunha maneira especial, distinta á doutros anos polas circunstancias que estamos a vivir.


Antes de nada, quere rememorar con todos vos a actividade  que facíades no cole de apadriñar a un neno ou nena á que lle liades un conto no patio, “na hora de ler”.



Era unha actividade moi enriquecedora xa que durante a semana os padriños e as madriñas visitaban aos seus afillados e afilladas para coñecelos, saber os seus gustos lectores… Ao mesmo tempo os afillados / as , preparaban , con moito agarimo, un marcapáxinas para regalarllos a eles.

Fixádevos!



Agora toca vivilo, dunha maneira virtual, a través duns videocontos que nos enviaron nenos e nenas do colexio para subilos ao blogue da biblioteca. Non podemos subilos todos pero desde aquí darvos as grazas pola enorme participación. 

GRAZAS DE TODO CORAZÓN 

         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
     


Espero que vos gustase, que sigades lendo moito e lembrade:



miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

#QuedaNaCasa 


Para este xoves 23 de abril, Día do Libro, temos unha oferta moi especial para as familias.

En primeiro lugar, unha iniciativa da Biblioteca Centro de documentación do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), que nos ofrecen unha sesión de contacontos online con María Xosé Martínez "As luces que se acenden e se apagan", baseado no libro de Ramón Trigo. 

A emisión será o xoves ás 12:00 horas a través da canle de youtube do MARCO. Deixámosvos o enlace a continuación:





Por outro lado, temos o "Concierto On-Line por la Paz y la Igualdad" de Paco Damas, en este día tan especial, ás 19:00 horas no seguinte enlace de Facebook:


   

lunes, 20 de abril de 2020

ALBERT UDERZO, CREADOR DE "ASTÉRIX Y OBÉLIX"


#QuedaNaCasa 


Xoán quere compartir con vos unha noticia triste, a morte de Albert Uderzo, ( Fismes, Marne, Francia; 25 de abril de 1927) o 24 de marzo deste ano.

Foi o debuxante e guionista francés xunto a René Goscinny (1926-1977) de historietas; a máis soada  “ Asterix e Obélix”. A  primeira edición apareceu o 29 de outubro de 1959 na revista Pilote antes de ser publicada como álbum.

Goscinny era o encargado dos guiones e Uderzo, dos debuxos.
















Vendéronse uns 370 millóns de exemplares en todo o mundo, traducidos a 111 linguas e dialectos. Xunto a Goscinny publicaron 24 álbumes.


Neste vídeo podedes ver a Albert Urderzo debuxando:



Para os máis cativos que non coñecedes a estes personaxes tan entrañables, deixámosvos o primeiro largometraxe de Studios Idefix e a película máis exitosa das que se levaron a cabo. Cando sexades maiores Xoán deixaravos os seus cómics da biblioteca.


miércoles, 8 de abril de 2020

RECURSOS PARA QUEDAR NA CASA


#QuedaNaCasa 


Xoan seleccionou unha serie de recursos para estes días nos que temos que quedar na casa:


SALÓN DO LIBRO VIRTUAL
con diversas propostas e actividades


GaliciaLE
Plataforma de lectura virtual


KALANDRAKA TV
Contos contados


ORELLA PENDELLA 
Ditos, recitados e cancións



GALICIA ENCANTADA
Enciclopedia de Fantasía Popular de Galicia

ALÍ
Recursos en galego para Educación Infantil



GALIX
Asociación galega do libro infantil e xuvenil que recolle recursos para ficar na casa


AULA ABERTA ARASAAC


LECTURAS EDITORIAL ANAYA


LECTURAS EDITORIAL BRUÑO


LECTURAS EDITORIAL SANTILLANA


LECTURAS BANG EDICIONES COA COLECCIÓN MAMUT


LECTURA EDITORIAL AIRA CO CÓMIC CARRIANDOLA


LECTURA O XORNAL PAPAGAIO


lunes, 6 de abril de 2020

O PRINCIPIÑO CUMPRE 77 ANOS

#QuedaNaCasa

O día 6 de abril, cumpriuse 77 anos da publicación de O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra.


Gozada por cativos e maiores, trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio.

Compartimos con vos o audiolibro:

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

#QuedaNaCasa

O día 2 de abril celebramos o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
O TEA (transtorno do espectro autista) é una condición que teñen algunas persoas que afecta a súa linguaxe e socialización en diferentes grados.

CAMPAÑA 2020
O movemento de asociación do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, lanzou unha campaña de sensibilización para visualizar a realidade do grupo, as súas necesidades e as súas capacidades.

O lema deste ano é "Podo aprender. Podo traballar"

Centrou a atención en dous aspectos importantes para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA:

  • Acceso á educación.
  • Emprego de calidade e adaptado ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada persoa con TEA.

Isto require un cambio de mentalidade na sociedade para apoiar as súas capacidades, prioridades e necesidades; crear e manter os servizos de apoio necesarios e promover a accesibilidade do grupo en todos os sectores.


Nesta imaxe, as mans sosteñen diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades de cada persoa e preséntase en cinco cores diferentes que reflicten a diversidade e a pluralidade existentes dentro do espectro do autismo.
 ¡Haz un gesto por el autismo! #DiaMundialAutismo 


    Neste vídeo nos proponen facer o infinito para demostrar o noso  compromiso co autismo:


Para rematar, deixámosvos estes contos:


 El viaje de María

Fundación Orange,  unha curtametraxe de animación realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.


"El cazo de Lorenzo"




Pictocuentos: Comunicación sencilla con pictogramas

Podedes acceder aos contos pinchando na seguinte imaxe. 



DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

#QuedaNaCasa

Desde 1967, o 2 de abril, celébrase o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, para fomentar a lectura entre os máis cativos.
A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia, que difunde a mensaxe de Peter Svetina ilustrada por Damijan Stepancic: Fame de Palabras.
Esta é a mensaxe e o cartel:



Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria queren compartir con vos estes contos:








Tamén queremos recordar, neste día, aos alumnos de 3º e 5º de Educación Primaria que foron á clase de 1º, na hora de ler, a lerlles con entusiasmo e moito agarimo:



Para rematar e conmemorar esta data Xoan proponvos a lectura de varios contos: