viernes, 22 de febrero de 2019

ENTROIDO

Co motivo do entroido estanse realizando no colexio diferentes talleres para a elaboración de carautas, carteis e murais representativos ,así como a confección de disfraces nas aulas por parte dos mestres/as e alumnado.
Os alumnos de 5º de primaria  encargaranse das ordes do meco e os de 6º  terán que fabricalo e realizar o xuizo.
Aquí tedes algúns dos disfraces elaborados no colexio que  aproveitando a temática doproxecto anual este ano adicámolo "O HORTO".





Máis información no seguinte enlace.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/918

DÍA DE ROSALÍA


 O  luns 25 de febreiro os alumnos/as do colexio, na sesión do proxecto lector, irán a ler poemas de Rosalía de Castro polas aulas con motivo do Día de Rosalía.

O alumnado de :

  • 3ºA leralles a 4ºA e 5ºA               
  • 3ºB leralles a 4ºB e 5ºB
  • 4ºA leralles a 3ºA e 6ºA
  • 4ºB leralles a 3ºB e 6ºB
  • 2ºA leralles a 1ºA
  • 2ºB leralles a 1ºB
  • 1ºA irá a 3,4 e 5 anos A
  • 1ºB irá a 3,4e 5 anos B

viernes, 8 de febrero de 2019

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ

Con motivo do día escolar da paz e non violencia o alumnado do colexio elaborou un conxunto de receitas moi especiais, diferentes as que estamos acostumados e cuns ingredientes moi orixinais.
Aquí vos deixamos o noso recetario por se o queredes por en práctica.