viernes, 30 de mayo de 2014

FESTILETRAS!

Hoxe estivemos a celebrar o noso festiletras, como broche final do mes das letras galegas. Pasámolo fenomenal cantando e bailando cancións moi divertidas da nosa terra. Todos os grupos fixérono moi ben!


miércoles, 28 de mayo de 2014

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Ainda faltan tres semanas para rematar o curso, pero xa queremos orientar aos nosos lectores por iso xa estan aqui as orientacións para o verán.

lunes, 26 de mayo de 2014

Revista Breogán 2014

Xa saíu á rúa un novo número da nosa Revista Breogán, a cal cumple os 33 anos de vida. Nela atoparedes unha morea de cousas sobre o que facemos no cole. Cómpre salientar as cartas e fotos de despedida dos nenos e nenas de 6º de infantil e primaria.
Agardamos que vos guste e gocedes coa súa lectura.



sábado, 17 de mayo de 2014

PELICULAS EN GALEGO

Seguimos coa celebración do mes dás letras galegas esta vez tocou película para os maiores "Pequeno mago" e catro cortos de contos para os máis pequenos

viernes, 16 de mayo de 2014

Ollos de aula mes de maio

Xa temos un novo número da revista ollos de aula. Este mes trata temas da nosa lingua, xa que estamos no mes das letras galegas, e tamén sobre o déficit de atención e hiperactividade.


martes, 13 de mayo de 2014

MAIO. Mes das letras galegas

Ao longo do mes de maio imos celebrar as letras galegas cunha serie de actividades como teatro negro, cine en galego, traballos da ilustradora Aída Alonso, novo número da revista Breogán, e certame literario Uxío Novoneira. A continuación deixamos un enlace (facendo clic na programación) ao blog de normalización lingüística.
http://lareiradixital.blogspot.com.es/

lunes, 12 de mayo de 2014

Teatro negro

Un ano máis os nenos e nenas de 6º de primaria sorprendéronos co seu teatro negro, dirixidos pola mestra de música. A obra deste ano titúlase "Xogamos limpo" trata sobre o xogo un tanto sucio que se fai no colexio, para conciencialos sobre a importancia do xogo en equipo, a obra escribiuna Ruth Bernárdez unha mestra que estivo no colexio fai algúns anos, o decorado do escenario o fixo Rogelio (conxerse) e axudou coas manualidades Carmen ( mestra das manualidades extraescolares)

Gonzalo Moure

 O xoves 8 veu Gonzalo Moure a presentalo seu libro "Palabras de caramelo", para o curso 4º de primaria

O libro gustoulle a todos/as e o autor estivo moi cercano, a súa obra trata sobre un neno no deserto do sahara.
Os nenos e nenas de cuarto de primaria fixeron un resumo do libro e inventaron un final un exemplo é o seguinte o cal o fixo Duna :

martes, 6 de mayo de 2014

Aída Alonso Vázquez

Dende o departamento de normaiización lingüística surdiu unha propósta para traballar este ano unha figura galega relacionadas coa cultura.  é Aída Alonso Vázquez, unha gran ilustradora, como podedes ver no seu blogue. e ás  

Actividades para coñecer a figura de Aída Alonso Vázquez as cales podedes ver na nosa web.


OS MAIOS

Xa estamos no mes de maio, e con él chega a Festa dos Maios, a cal naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto   a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos. 

lunes, 5 de mayo de 2014

"A lúa da colleita" e "Raíz da fenda", premios da Crítica Española

As autoras, Anxos Sumai e Berta Dávila, xa recibiran con anterioridade outros premios por estas mesmas obras. O primeiro deles xa resultara ganador do Premio García Barros 2013 e o segundo acadara o XV Premio de Poesía Johán Carballeira e a súa autora resultara recoñecida nos premios Ánxel Casal como autora 2013 Agora é a Asociación Española de Críticos Literarios, quen recoñece estas obras, outorgando a A lúa da colleita (Editorial Galaxia) o premio de Narrativa e a Raíz da fenda (Edicións Xerais de Galicia) o premio de Poesía.