viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAGOSTÍN 2016!

O vindeiro xoves 3 de novembro celebraremos o noso SAMAGOSTÍN e todo o cole está preparado para a festa. 
As portas das nosas aulas e corredoiros están moi terroríficos! Temos un photocall presidido por dúas castañas chamadas Hermenexilda e Casilda e este ano as familias colaboraron facendo caixas portacastañas. 

martes, 25 de octubre de 2016

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Onte celebramos o día das bibliotecas na Hora de Ler. Os alumnos/as de 5º estiveron nas aulas de primaria lendo unha poesía e entregando as mochilas viaxeiras. Mañá mércores 26 outubro abriremos a Biblioteca e xa podedes coller libros, contos e DVD´s.




lunes, 24 de octubre de 2016

ACTIVIDADES GRATUÍTAS POLO SAMAÍN

(PREME NA IMAXE)

viernes, 21 de octubre de 2016

CARTEL E PREGÓN DA BIBLIOTECA

Dende 1997, cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte  co obxectivo  de concienciar á sociedade da importancia  da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios/as.

Cada ano encárgaselle a un escritor/a  e ilustrador/a a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. Este ano as autoras seleccionadas son Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.

miércoles, 19 de octubre de 2016

RECURSOS SAMAÍN


Pincha na CASTAÑA e verás a proposta de recursos para traballar o MAGOSTO

https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/


Pincha na CABAZA, e entra nos recursos para o SAMAÍN.
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/home


E no MORCEGO, a proposta para educación Infantil.


http://aescoladebarciela.blogspot.com.es/p/samain.html

viernes, 14 de octubre de 2016

"UN MONSTRO VEN A VERME"

Esta semana chegou ás librarías “Un monstro vén a verme”, a edición en galego da novela na que se inspira a película de Juan Antonio Bayona, e que está en carteleira. 
A colección Narrativa K do selo Faktoría K de Libros incorpora esta novela de Patrick Ness, traducida por Xesús Fraga, que foi galardoada cos premios The Red House e National Galaxy, ademais das medallas Carnegie e Greenaway.
"Un monstro ven a verme", de Patrick Ness (trad. X.Fraga), Faktoría K.

CANTA CONNOSCO!

20 anos despois da gravación de cancións tan emblemáticas como “O libro máxico", "Perico Pérez", "O rap da lingua" ou "Dime que fixeches", KALANDRAKA recupera aquel traballo discográfico cunha edición conmemorativa que incorpora unhas fermosas ilustracións de Óscar Villán e os divertidos videoclips de José Miguel Sagüillo.


viernes, 7 de octubre de 2016

“La Pequeña Bella Durmiente (tu primera ópera)”

Animámosvos a ver unha adaptación libre e divertida da versión orixinal "A Bela Durmiente" para achegar o mundo da lírica ás familias e aos máis pequenos. Para nenos/as desde os 4/5 anos.