viernes, 14 de octubre de 2016

"UN MONSTRO VEN A VERME"

Esta semana chegou ás librarías “Un monstro vén a verme”, a edición en galego da novela na que se inspira a película de Juan Antonio Bayona, e que está en carteleira. 
A colección Narrativa K do selo Faktoría K de Libros incorpora esta novela de Patrick Ness, traducida por Xesús Fraga, que foi galardoada cos premios The Red House e National Galaxy, ademais das medallas Carnegie e Greenaway.
"Un monstro ven a verme", de Patrick Ness (trad. X.Fraga), Faktoría K.