jueves, 29 de noviembre de 2018

VIDEO CUENTO. AUTISMO




“EL VIAJE DE MARÍA” de Miguel Gallardo (corto- documental  sobre autismo).



"María y yo" é unha obra importante, tanto polo tema que trata, o autismo, como pola mirada delicada, sensible e divertida coa que Miguel Gallardo nos mostra a súa feliz relación coa súa filla, María. Unha obra reveladora, a todas luces catártica, que supón un paso adiante na dilatada traxectoria profesional do creador catalán, coa que se fixo merecedor do Premio Nacional de Cómic de Cataluña 2008.

"BAIXO O MESMO PARAUGAS". DISCAPACIDADE

  


O  3 de decembro de 2018 conmemorase o Día Internacional da Discapacidade .
Con tal motivo 47 entidades sociais das provincias da Coruña e Pontevedra unidas baixo o mesmo paraugas para reivindicar que as persoas con discapacidade sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito.
Para celebralo este ano o día 3 de decembro no porto de Vigo (naútico) as 12:00 levarase a cabo un acto  no que  poderedes asistir levando un paraugas de cores chamativo e poñendolle un lema sobre a discapacidade , tamén podedes aprender a canción de Macaco "Somos unha marea de xente".
Animate a participar!

viernes, 23 de noviembre de 2018

25 de novembro CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de novembro conmemorase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero recondando así as irmáns Mirabal ( Minerva, Patria e María Teresa),coñecidas polo sobrenome de  "As Mariposas" asasinadas o 25 de novembro na República Dominicana por orden do dictador Rafael Leónidas Trujillo do que eran opositoras.
Para conmemorar esta data os alumn@s de primeiro traballaron o libro "ARTUR E CLEMENTINA", libro que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación.









Nesta semana @s compañeir@s de 5 anos, 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria tiveron o seu primeir obradoiro de Camiña con Nós pola Igualdade, desenvolvido dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

A súa finalidade é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

No seguinte vídeo podedes ver os diferentes obradoiros:




Para rematar, unímonos tod@s @s compañeir@s para elaborar un mural no que mostramos o noso apoio e loita contra a violencia de xénero.

viernes, 16 de noviembre de 2018

IX XORNADAS DE BIBLIOTECAS


Nos días 9 e 10 de novembro celebrouse en Santiago de Compostela( Palacio de  congresos) as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Nestas xornadas o profesorado reflexionou sobre os novos retos que afrontan as bibliotecas escolares.
Tivemos a oportunidade de compartir ideas, experiencias con outros centros educativos e mestres involucrados no mundo das bibliotecas escolares.
Foron unhas xornadas moi fructíferas e que aportaron gran cantidade  de ideas para dinamizar a nosa biblioteca.