viernes, 26 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O mércores 24 de outubro abriuse a nosa biblioteca e fíxose entrega das mochilas viaxeiras.
Na hora de ler os nenos e nenas do cole repartíronse polas aulas para contarlles contos os seus compañeiros e compañeiras.
A continuación deixámosvos unha mostra deste día tan especial!!!!!!


martes, 23 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO

Mañá 24 de Outubro abrirase a biblioteca do C.E.I.P. Balaídos. Hermenexilda, Casilda e Xoán darannos a benvida a este novo curso. Serán os encargados de repartir as mochilas viaxeiras que irán a todas as casas. Esperemos que vivades formidables aventuras.

23 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

 Últimamente escoitanse ruídos no seu interior. Estará Rogelio facendo reformas? Os libros cobrarían vida? Será por iso que aínda está pechada.
Recoméndovos que esteades moi atentos .Que pasará alí dentro?.......................