Rematado o primeiro trimestre, chegan as vacacións de Nadal. Agora tócavos descansar e coller folgos para o terceiro trimestre.
O voso amigo "Xoan" recórdavos que non esquezades pedirlle na carta dos Reis Magos ou de Papá Noel algún libro, xa que como sabedes ler é moi importante.
Con motivo do Día Internacional da Discapacidade celebrado o pasado 3 de decembro, os alumnos e alumnas de 6ºB elaboraron uns traballos sobre a discapacidade .
En castelán fixeron unha pequena biografía sobre unha persoa con discapacidade que fose un exemplo para a sociedade, e en galego escribiron un pequeno poema sobre a inclusión.