viernes, 20 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Xa chegan as vacacións de Nadal, aquí  tedes unhas recomendacións de libros para que podades disfrutar da lectura nestes días de descanso.
INFANTIL:                      3 ANOS

 4 ANOS

5 ANOS
  PRIMARIA
   

























jueves, 19 de diciembre de 2019

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


O Día Internacional das persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.O obxectivo  deste día é mellorar a situación das persoas con discapacidade, ademais da busqueda da igualdade de oportunidades.
No colexio traballamos este día facendo un mural con persoas que presentan diferentes  tipos de discapacidades.









jueves, 5 de diciembre de 2019

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar  a violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas para erradicala.
A convocatoria iniciouna o movemento feminista latinoamericano en 1981 en conmemoración a fecha na que foron asesinadas, en 1960, as tres irmáns Mirabal (Patricia, Minerva e María Teresa) , na República Dominicana.
No colexio forramos todas as portas de cor violeta e colocámoslles lemas en contra da violencia de xénero.
Aquí tedes un video de como quedaron.


viernes, 15 de noviembre de 2019

SAMAÍN

Outro ano máis chegou o Samaín e os nenos e nenas do colexio viñeron disfrazados de bruxas, esqueletos, fadas,etc....Que medo!.




Ademais fixeron nas clases unhas pocións máxicas que colocamos nas corcheiras e que puderon realizalas na clase facendo como un ritual de Samaín para a cal utilizaron zume de uva , de laranxa, granada, etc...











martes, 12 de noviembre de 2019

PROXECTO ANUAL


Este curso levaremos a cabo un proxecto  anual no colexio que nos fará tomar conciencia do importante que é coidar o noso planeta, e para elo traballaremos todo o que ten que ver co cambio climático, co coidado do medio ambiente , ca reciclaxe, co consumo responsable, ca vida saudable, etc...
Poñémonos mans a obra e para elo xa comenzamos por eliminar das  merendas do noso recreo todos os envases de plástico na medida que nos sexa posible, por eso diseñamos un calendario de merendas saudables.


martes, 5 de noviembre de 2019

LEMA ANUAL BIBLIOTECAS



Como en anos anteriores a consellería de Educación no contexto das actuacións para a atención das bibliotecas escolares  e o fomento da lectura , integradas no Plan LÍA de bibliotecas,  achéganos o cartel co lema anual : BIBLIOTECA ESCOLAR,VIVEIRO DE CIDADANÍA, co que se queren lembrar as oportunidades que ofrece a biblioteca escolar para reforzar as aprendizaxes de habilidades sociais e valores democráticos esenciais para unha participación activa e responsable nos distintos eidos da vida.

O que se pretende é que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento , o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación , a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.
En definitiva que a biblioteca escolar pode ser ese "viveiro" para crear unha cidadanía responsable e crítica que a nosa sociedade precisa.

MOCHILAS VIAXEIRAS

O xoves 24 de Outubro abriuse a biblioteca  e fixose entrega das mochilas viaxeiras como se fai todos os anos.
 Na hora de ler os nenos e nenas do colexio repartíronse polas aulas para contarlles contos os seus compañeiros e compañeiras como podedes ver a continuación.