martes, 5 de noviembre de 2019

LEMA ANUAL BIBLIOTECAS



Como en anos anteriores a consellería de Educación no contexto das actuacións para a atención das bibliotecas escolares  e o fomento da lectura , integradas no Plan LÍA de bibliotecas,  achéganos o cartel co lema anual : BIBLIOTECA ESCOLAR,VIVEIRO DE CIDADANÍA, co que se queren lembrar as oportunidades que ofrece a biblioteca escolar para reforzar as aprendizaxes de habilidades sociais e valores democráticos esenciais para unha participación activa e responsable nos distintos eidos da vida.

O que se pretende é que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento , o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación , a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.
En definitiva que a biblioteca escolar pode ser ese "viveiro" para crear unha cidadanía responsable e crítica que a nosa sociedade precisa.