martes, 31 de enero de 2017

DÍA DA PAZ 2017

Onte celebramos o día da paz no cole. Limos o tradicional manifesto, elaborado polos alumnos de 6º, soltamos pombas e interpretamos a canción "Apertas que voan" do disco Brinca Vai de Paco Nogueiras. 
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/629
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/628

lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2017

O día 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Daniel Rodríguez Castelao, celébrase o Día da Ilustración.
As bibliotecas públicas galegas organizan diversas actividades: obradoiros de cómic e ilustración, exposicións, mostras bibliográficas. 
Pinchade no cartel para velas.

viernes, 20 de enero de 2017

NOVA APLICACIÓN INFANTIL: XAVARÍN TVG

A CRTVG ofrece xa a súa programación infantil a través dunha nova aplicación, Xabarín TVG, dispoñible para móbiles e tabletas, con todas as series de animación en galego que se emiten pola TVG2 dentro do espazo Xabarín Club. O seu valor principal é que é a única para cativas e cativos con contidos audiovisuais exclusivamente en galego.

Xabarín TVG: a nova aplicación infantil da TVG

miércoles, 18 de enero de 2017

MARILAR ALEIXANDRE INGRESA EN LA RAG

A bióloga e escritora ingresou o 14 de xaneiro de 2017 na Real Academia Galega, ocupando a cadeira que deixara baleira Xosé Neira Vilas.
Moitas son as obras de Marilar Aleixandre dirixidas ao público infantil e xuvenil, desde A formiga coxa Catro cascarolos ou A expedición do Pacífico á Cabeza de Medusa, en prosa. En poesía, A ovella descarreirada. 

A autora ten visitado moitas bibliotecas escolares para falar dos seus libros e os clubs de lectura teñen as súas novelas entre as preferidas.

ILUSTRADORA MARÍA LIRES

Como todos os anos traballamos un ilustrador/a galego/a. Este ano a elixida foi María Lires. 
No seguinte enlace podedes coñecer a súa obra.

lunes, 9 de enero de 2017