lunes, 29 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013_ Roberto VIDAL BOLAÑO

Como ben sabedes, este ano adícaselle o Día das Letras Galegas ao escritor teatral (dramaturgo) e actor ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Neste 2013 cúmprense 50 anos do nacemento desta celebración, que comezaran coa homenaxe a Rosalía de Castro en 1963 (no centenario da publicación do seu libro "Cantares Gallegos" que, por certo, cumpre o seu 150 aniversario). Co cal VIDAL BOLAÑO convértese no homenaxeado nº 51.

Pois ben, de seguido deixámosvos un enlace a unha morea de actividades en liña que vos permitirán achegarvos á vida e obra de VIDAL BOLAÑO.

Clica na imaxe e entrarás na Lareira Dixital do noso colexio.

A divertirse!!!!!!!



XOGO (CLICA NO ENLACE)

   http://www.chiscos.net/xestor/chs/anapi/bolanho3/xogo.html

LEMBRÁMOSVOS  que a Comisión da REVISTA BREOGÁN, coma todos os anos, proponvos que vos inspiredes e recreedes a obra dun artista. Nesta ocasión acordouse propór a recoñecida obra da pintora viguesa MENCHU LAMAS. 

Taller da ecopatrulla de 5º de Primaria sobre a auga.

O alumnado de 5º de Primaria fixeron un taller moi interesante para aprender a coidar a auga. Para saber máis sobre o medio ambiente podedes consultar o enlace http://www.educatumundo.com/ A continuación unha presentación sobre a experiencia.

jueves, 25 de abril de 2013

Os nenos de 3 anos A aforran auga!

Con este libriño tan ben feitiño os nenos e nenas de 3 anos A ensínnanos a aforrar auga. Bo traballo!

23 Abril, día do libro.

Así é como celebramos no colexio Balaídos o día do libro. Cada un dos alumnos e alumnas de primaria apadriñaron aos nenos e nenas de infantil para leerlles un conto. Os peques quixeron agradecerlles este detalle cun  agasallo. O fixeron fenomenal!

Día do libro 2013 - foto montaje

A nosa máis sincera noraboa por todolos traballos que nenos e nenas axudados polas súas familias fixeron dun conto, tamén coma celebración do día do libro; Todos estes nenos e nenas gañaron        3 BIBLIOPUNTOS

jueves, 18 de abril de 2013

Lembranzas do Courel de Naira Blanco Alcántara.

Temos o pracer de compartir un magnífico caderno que realizou a alumna de 2ºB Naira Alcántara, sobre a súa visita ó Courel. Esperamos que vos guste. Noraboa Naira!

lunes, 8 de abril de 2013

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

O próximo mércores 10 de Abril os nenos e nenas do 1º ciclo de primaria contarán ca esperada visita de Marc Taeger e Olalla González.
Moi pronto poderedes ver as imaxes deste encontro!

viernes, 5 de abril de 2013

CERTAME LITERARIO



OS GAÑADORES PUBLICARANSE NESTA PÁXINA