lunes, 29 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013_ Roberto VIDAL BOLAÑO

Como ben sabedes, este ano adícaselle o Día das Letras Galegas ao escritor teatral (dramaturgo) e actor ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Neste 2013 cúmprense 50 anos do nacemento desta celebración, que comezaran coa homenaxe a Rosalía de Castro en 1963 (no centenario da publicación do seu libro "Cantares Gallegos" que, por certo, cumpre o seu 150 aniversario). Co cal VIDAL BOLAÑO convértese no homenaxeado nº 51.

Pois ben, de seguido deixámosvos un enlace a unha morea de actividades en liña que vos permitirán achegarvos á vida e obra de VIDAL BOLAÑO.

Clica na imaxe e entrarás na Lareira Dixital do noso colexio.

A divertirse!!!!!!!



XOGO (CLICA NO ENLACE)

   http://www.chiscos.net/xestor/chs/anapi/bolanho3/xogo.html

LEMBRÁMOSVOS  que a Comisión da REVISTA BREOGÁN, coma todos os anos, proponvos que vos inspiredes e recreedes a obra dun artista. Nesta ocasión acordouse propór a recoñecida obra da pintora viguesa MENCHU LAMAS.