miércoles, 2 de octubre de 2013

Nace Oink! A revista do Xabarín Club

Saíu á rúa a revista do Xabarín Club Oink, que inicia a súa cita mensual co público infantil e xuvenil repleta de historias, actividades e cómics. A publicación, lanzada pola editorial galega Agalip con licenza da TVG, distribúe en quioscos e subscricións o seu primeiro número, que conta con 56 páxinas. A revista é un proxecto desenvolvido por un equipo de xente nova co obxectivo de ofrecer aos nenos contidos divertidos e dinámicos dende a óptica da mascota do club. Deste modo, nas páxinas de Oink inclúense cómics de autores de distintos estilos, entre os que se encontra Miguelanxo Prado, creador do Xabarín, xunto a Kiko dá Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Marilar Aleixandre ou Pinto&Chinto, entre outros.