viernes, 11 de marzo de 2011

II RECITAL DE POESÍA

¡¿Que non sabes como podes demostrar os teus dotes poéticos? ! ¡¿Que estás desexando escoitar un recital de poesía protagonizado por nenos e non sabes donde ir? !
Pois non te perdas o II RECITAL POÉTICO convocado pola biblioteca para o vindeiro martes día 22 de marzo ás 16:30h  no salón de actos do centro.

E non esquezas rechear o formulario de inscripción que levarán os nenos/-as a casa para poder participar como recitador de poesía. Necesitamos papás, mamás, avós, avoas e todos aqueles que queiran pasar un rato agradable.
No recuncho literario hai unha escolma de poemas cancións e adiviñas para ir facendo boca.

Aproveitamos tamén para dicirvos que podedes coñecer a algúns autores iberoamericanos e a súa obra pinchando aquí
¿Que non estás convencido das ventaxas da poesía? Pincha aquí