viernes, 17 de noviembre de 2017

LIBROS PARA SOÑAR

:
Hoxe a partir das 18:30 na libraría Libros para soñar , na rúa Triunfo 1, en Vigo actuará a Banda dos Cueiros, que interpretarán unha escolma de cancións tradicionais para público infantil a partir de textos literarios, recollidas no seu primeiro libro-cd.
Trátase dunha actividade lúdica e didáctica para rapaces e rapazas de ata 7 anos aproximadamente.