viernes, 17 de febrero de 2012

MERDEIROS OLÍMPICOS EN BALAIDOS

Onte todos os nenos do cole superamos a primeira das probas olímpicas deste Entroido.Como verdadeiros atletas corremos para non ser alcanzados polos merdeiros e merdeiras, que de sorpresa, apareceron no patio á hora do recreo.
Sen tregua nin descanso perseguíronnos cos seus paus e berzas ao tempo que nos botaban fariña.
Despois, durante un intre de descanso, poidemos aprender moitas cousas sobre esta tradición viguesa: a orixe, a roupa.....
Rematamos cunha segunda proba escapando dos merdeiros polo patio.
Aínda que houbo choros e algún que outro medo por ahí solto, pasámolo moi ben.
Grazas por vir ao cole.

merdeiros - diapositivas