
Todos os alumnos de segundo de primaria estarán alí para profundizar mais neste deporte que é o que están a investigar. Se non queres perderte esta actividade acude ao ximnasio do cole o vindeiro venres día 3 de febreiro ás 10:30 horas.
A actividade será realizada polo clube de esgrima El Olivo de Vigo . Dende aquí queremos agradecerlle a sua desinteresada colaboración en prol do fomento deste deporte entre o noso alumnado e felicitalos polos premios acadados.
