domingo, 25 de octubre de 2020

APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA NESTE CURSO TAN ESPECIAL!

Ola amigos e amigas,

como sabedes, o 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. Un curso máis para adentrarnos no marabilloso mundo da lectura.

Eu acabo de chegar dunha viaxe moi especial, onde coñecín a moitos personaxes dos contos de medo que temos na nosa biblioteca.

Ocorréuseme un xogo, queredes xogar comigo?

Os máis cativos do colexio teredes que adiviñar que personaxe se esconde nos seguintes crebacabezas. Clicade na seguinte imaxe.

Moito ánimo!


Para os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º teño preparadas unhas adiviñas moi especiais. A que agardades para clicar na seguinte imaxe e poñer en práctica os vosos coñecementos sobre as personaxes dos libros de medo.

Moito ánimo!


Para os maiores do cole, 4º, 5º e 6º, teño preparado un misterio no que teredes que  empregar toda a vosa atención e estratexias de bos investigadores. Estades preparados? Clicade na imaxe e a pescudar!

Moita sorte!


Recoméndovos algúns libros de medo que teño na miña biblioteca:

PARA EDUCACIÓN INFANTIL

PARA O PRIMEIRO INTERNIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA:


PARA O SEGUNDO INTERNIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA:


TERCEIRO INTERNIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

lunes, 19 de octubre de 2020

domingo, 18 de octubre de 2020

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

 


A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou o lema para as bibliotecas escolares de Galicia cara este curso 2020/2021. O lema elixido foi "Xeografías lectoras na biblioteca escolar". Deste xeito convídannos a explorar todas as posibilidades de lectura, en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade, lecturas textuais e icónicas...

Dende a nosa biblioteca quixemos elaborar o noso propio, que recollera a idea do lema proposto e a situación sanitaria pola que están a pasar os nosos cativos, "Superheroes e superheroínas na pandemia. Adéntrate no mundo marabilloso da lectura!".

Cada libro que o alumnado teña a oportunidade de ler será unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos. As lecturas permítennos chegar lonxe sen movernos da escola ou da casa, coñecendo deste xeito outros mundos e de ampliar a nosa visión del.


miércoles, 17 de junio de 2020

Devolucións libros biblioteca

Todo aquel alumnado que teña na súa casa libros da biblioteca e non os devolverá cando veu recoller o seu material o colexio , pode entregalos na secretaría do centro , teredes de prazo ata o día 30 de xuño.



Equipo de biblioteca

RECOMENDACIÓNS LECTURAS DE VERÁN 2020

Xa chegamos o final deste curso un pouco atípico, pero non menos intenso, no que tivemos que traballar de maneira diferente a como estabamos acostumados. Por iso, é o momento de relaxarse e disfrutar coa lectura durante o verán. Aquí tedes unhas recomendacións.

INFANTIL

3 ANOS:
4 ANOS:

5 ANOS:


 PRIMARIA
1º:
2º:
3º:
4º:
5º:
6º: