domingo, 18 de octubre de 2020

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

 


A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou o lema para as bibliotecas escolares de Galicia cara este curso 2020/2021. O lema elixido foi "Xeografías lectoras na biblioteca escolar". Deste xeito convídannos a explorar todas as posibilidades de lectura, en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade, lecturas textuais e icónicas...

Dende a nosa biblioteca quixemos elaborar o noso propio, que recollera a idea do lema proposto e a situación sanitaria pola que están a pasar os nosos cativos, "Superheroes e superheroínas na pandemia. Adéntrate no mundo marabilloso da lectura!".

Cada libro que o alumnado teña a oportunidade de ler será unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos. As lecturas permítennos chegar lonxe sen movernos da escola ou da casa, coñecendo deste xeito outros mundos e de ampliar a nosa visión del.