domingo, 25 de octubre de 2020

APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA NESTE CURSO TAN ESPECIAL!

Ola amigos e amigas,

como sabedes, o 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. Un curso máis para adentrarnos no marabilloso mundo da lectura.

Eu acabo de chegar dunha viaxe moi especial, onde coñecín a moitos personaxes dos contos de medo que temos na nosa biblioteca.

Ocorréuseme un xogo, queredes xogar comigo?

Os máis cativos do colexio teredes que adiviñar que personaxe se esconde nos seguintes crebacabezas. Clicade na seguinte imaxe.

Moito ánimo!


Para os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º teño preparadas unhas adiviñas moi especiais. A que agardades para clicar na seguinte imaxe e poñer en práctica os vosos coñecementos sobre as personaxes dos libros de medo.

Moito ánimo!


Para os maiores do cole, 4º, 5º e 6º, teño preparado un misterio no que teredes que  empregar toda a vosa atención e estratexias de bos investigadores. Estades preparados? Clicade na imaxe e a pescudar!

Moita sorte!


Recoméndovos algúns libros de medo que teño na miña biblioteca:

PARA EDUCACIÓN INFANTIL

PARA O PRIMEIRO INTERNIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA:


PARA O SEGUNDO INTERNIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA:


TERCEIRO INTERNIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA: