viernes, 5 de junio de 2026

PINTANDO AO ESTILO DE.......ABY CASTILLO!!

 Esta semana, grazas ao programa de Biblioteca Creativa, visitounos a ilustradora e ceramista Abi Castillo. Os pequenos de Infantil fixeron un retrato partindo dunha imaxe co estilo tan  característico de Abi. Utilizaron diferentes técnicas plásticas coa axuda da ilustradora e quedaron uns retratos marabillosos😍!!!








jueves, 4 de junio de 2026

VISITAS DE ESCRITOR@S

 Este foi un curso cheo de visitas moi especiais. Destro do Itinerario Lector tivemos a sorte de recibir no cole a escritores e escritoras que compartiron con nós os segredos do proceso creativo dun libro, descubrimos a relación que algunhas das historias teñen coa súa infancia, con vivencias persoais, con xente importante nas súas vidas... E todos marchamos cos nosos libros asinados cunha dedicatoria.  Unha experiencia marabillosa que xa é tradición no cole e seguiremos organizando por ser encontros inesquecibles.



viernes, 24 de abril de 2026

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO






@s voluntari@s de Biblioteca de 6º axudaron a envolver os libros sorpresa e a escribirlles unha pequena reseña que servira de pista. Traballaron moito e entre tod@s conseguiron preparar unha chea de libros para a cita a cegas.

Que gran equipo!!




Tamén fixemos o tradicional "Apadriñamento Lector", no que o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria exerceu de contacontos cos máis pequenos do cole. 
Unha xornada divertida e chea de boas lecturas!!

E como agasallo, todo o alumnado do cole levou un marcapáxinas que elaboraron eles mesmos coa axuda dos mestres empregando os equipos de Polos Creativos






lunes, 30 de marzo de 2026

EXPOSICIÓN DE POESÍAS

  Xa podes ver no taboleiro da biblio a exposición coas mellores poesías do reto "Verso busca poema".

Parabéns a tod@s @s participantes!!!

Os máis pequenos tamén xugaron a rimar versos soltos aos que lles faltaban palabras. 
Con pictos é un pouco máis doado😄
Que grandes poetas!!!




lunes, 23 de marzo de 2026

21 E MARZO DÍA DA POESÍA

 







Faremos unha exposición cos mellores poemas, e nos próximos días poderás comprobar como usaron os/as poetas estes versos para escribir rimas. Pero antes terás que localizalos na biblioteca. 
Sabes onde se atopa o andel de poesía? 
Sabes seguir a pista que acompaña aos versos?
En que libros estarán agochados?
ANÍMATE A PARTICIPAR!!