viernes, 5 de junio de 2026

PINTANDO AO ESTILO DE.......ABY CASTILLO!!

 Esta semana, grazas ao programa de Bibliotecas Creativas, visitounos a ilustradora e ceramista Abi Castillo. Os pequenos de Infantil fixeron un retrato partindo dunha imaxe co estilo tan  característico de Abi. Utilizaron diferentes técnicas plásticas coa axuda da ilustradora e quedaron uns retratos marabillosos😍!!!