jueves, 4 de junio de 2026

VISITAS DE ESCRITOR@S

 Este foi un curso cheo de visitas moi especiais. Destro do Itinerario Lector tivemos a sorte de recibir no cole a escritores e escritoras que compartiron con nós os segredos do proceso creativo dun libro, descubrimos a relación que algunhas das historias teñen coa súa infancia, con vivencias persoais, con xente importante nas súas vidas... E todos marchamos cos nosos libros asinados cunha dedicatoria.  Unha experiencia marabillosa que xa é tradición no cole e seguiremos organizando por ser encontros inesquecibles.