jueves, 9 de febrero de 2012

CONTACONTOS CON INACIO

O martes visitounos no cole INACIO para contarnos todas esas historias sobre burros  que él coñece  millor que ninguén. Escoitándoo viaxamos por distintos recunchos de Lalín e os seus arredores; unha viaxe que resultou moi divertida para todos os asistentes.
Acudimos todos os nenos do cole repartidos en tres sesións e dende os mais cativos ata os maiores de 3º ciclo de primaria  todos coincidiron no mesmo:

 ¡COMO MOLÓ! 

Inacio - foto montaje

martes, 7 de febrero de 2012

Se queres ver como é un verdadeiro facho olímpico achégate á biblioteca do CEIP Balaidos. Terás a oportunidade de ver e tocar o facho dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 grazas a colaboración de Cristina, mamá de Breixo Domínguez de 2º A.

lunes, 6 de febrero de 2012

EXHIBICIÓN DE ESGRIMA


O venres contamos coa presenza no cole de representantes do clube de esgrima El  Olivo de Vigo para darnos unha pequena charla sobre o esgrima, as suas orixes, reglas, vestimenta, as armas.... A explicación , acompañada dunha presentación power point, foi seguida polos asistentes con gran interese.
Despois, as nosas periodistas acreditadas  de 2º de primaria , María Pérez e Candela Díaz,  tiveron a oportunidade de facer unha entrevista a Yann , monitor de esgrima,  e ao actual campión galego na modalidade de espada Gabriel Traversa.Podedes seguir a entrevista no seguinte video.




E para rematar os nenos e nenas tiveron a oportunidade de ver e practicar a esgrima con florete e espada. Unha experiencia moi divertida segun palabras dos cativos.






 


 








 

lunes, 30 de enero de 2012

¿QUERES APRENDER SOBRE O ESGRIMA?

Dentro das actividades organizadas pola biblioteca para desenvolver o proxecto de investigación sobre as olimpíadas, contaremos cunha charla informativa e unha exhibición sobre o esgrima.
Todos os alumnos de segundo de primaria estarán alí para profundizar mais neste deporte que é o que están a investigar. Se non queres perderte esta actividade acude ao ximnasio do cole o vindeiro venres día 3 de febreiro ás 10:30 horas.

A actividade será realizada polo clube de esgrima El Olivo de Vigo . Dende aquí queremos agradecerlle a sua desinteresada colaboración en prol do fomento deste deporte entre o noso alumnado e felicitalos polos premios acadados.

viernes, 20 de enero de 2012

SOMOS LECTORES OLÍMPICOS


Co lema "Somos lectores olímpicos " levaremos a cabo, este curso, un proxecto de investigación sobre as Olimpíadas de Londres.
A investigación desenvolverase simultáneamente en tódolos ciclos dende infantil a 3º ciclo de primaria, donde cada ciclo profundizará nun deporte olímpico previamente escollido.
  • Educación infantil:
    • 3 anos: natación
    • 4 anos: tenis
    • 5 anos: baloncesto
  • !º ciclo primaria:
    • 1º : hípica
    • 2º: esgrima
  • 2º ciclo: deportes da antigua Grecia
  • 3º ciclo:
    • 5º fútbol
    • 6º atletismo
O Entroido seviranos para organizar os Xogos Olimpicos de Balaídos no que representaremos os desfiles e encendido da antorcha, e donde os alumnos de cada ciclo irán ataviados como deportistas dos diferentes países participantes.

Dende a biblioteca tamén organizamos as Olimpiadas de lectura .Baixo o mesmo lema trataremos de dar a coñecer diferentes obras literarias.

NORMAS DO XOGO:
Aproximadamente cada quince días colgarase polos corredores do centro un fragmento dunha obra coñecida que os alumnos deberán identificar.
A semana da sua publicación colgaranse pistas polos corredores  e colocarase a obra en cuestión  nun lugar estratéxico da biblioteca, a determinar cada vez.
Na parede contigua á biblioteca estarán expostas as normas de xogo e un cadro rexistro por aula para ir anotando os acertos.
A final de curso os tres alumnos ou as clases con mais acertos recibirán as medallas de lectores olímpicos : ouro, prata e bronce respectivamente.
 Para mais información sobre os xogos olímpicos, actividades, videos etc podedes consultar
O RECUNCHO TEMÁTICO