viernes, 18 de marzo de 2011
LARETAS CON ARTE
A visita á exposición ARTE NA AULA deu pé a un traballo de investigación feito na pizarra dixital coa que os Laretas (1º primaria) estamos a profundizar nas técnicas e pinturas galegas. Se estades interesados entrade no recuncho temático. Gustaravos.
miércoles, 16 de marzo de 2011
ARTE NA AULA
Para a semana do 14 ao 18 de marzo, o equipo de biblioteca organizou unha exposición de arte galego no centro, á que asistiron todos os alumnos/-as do centro cos seus respectivos mestres, en horario de mañá. Polas tardes de 16:00 a 18:00h a exposición estivo aberta a toda a comunidade educativa. O martes pola tarde o artista Mingos Teixeira, organizador da experiencia que viaxará por mais de 30 centros da cidade, ofreceu unha visita guiada para as familias.
A continuación podedes ver unha guía de actividades para os nenos/-as, algunhas fotos sobre a visita e o video do acto de inauguración.
viernes, 11 de marzo de 2011
II RECITAL DE POESÍA
¡¿Que non sabes como podes demostrar os teus dotes poéticos? ! ¡¿Que estás desexando escoitar un recital de poesía protagonizado por nenos e non sabes donde ir? !
Pois non te perdas o II RECITAL POÉTICO convocado pola biblioteca para o vindeiro martes día 22 de marzo ás 16:30h no salón de actos do centro.
E non esquezas rechear o formulario de inscripción que levarán os nenos/-as a casa para poder participar como recitador de poesía. Necesitamos papás, mamás, avós, avoas e todos aqueles que queiran pasar un rato agradable.
No recuncho literario hai unha escolma de poemas cancións e adiviñas para ir facendo boca.
Aproveitamos tamén para dicirvos que podedes coñecer a algúns autores iberoamericanos e a súa obra pinchando aquí
¿Que non estás convencido das ventaxas da poesía? Pincha aquí

jueves, 10 de marzo de 2011
MULLERES ILUSTRES
Co gallo do Día da Muller Traballadora , o 8 de marzo, dende a biblioteca do cole Xoán quere facer unha pequena contribución.
Proponse aos alumnos e mestres de todos os ciclos nos axuden a elaborar un mural con mulleres ilustres e destacadas ao longo da historia. O mural está colocado no corredor da planta baixa ao lado da sala de profes, e alí, dende xa, e durante toda a semana que ven , podemos ir pegando as fotos daquelas mulleres ilustres que coñezamos así como unha breve reseña da súa contribución a historia.
UNHA PISTA: ESTADE BEN ATENTOS A EXPOSICIÓN DE ARTE DA VINDEIRA SEMANA
E os curiosos consultade a páxina temática do blog. Atoparedes moita información.
viernes, 25 de febrero de 2011
CADERNOS DE INVESTIGACION SOBRE OS BOSQUES
Se queredes empezar as vosas pescudas sobre os bosques, no recuncho temático atoparedes unha guía para cada un dos ciclos que vos poden servir de axuda.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)