viernes, 24 de febrero de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano, entre todo o alumnado, eliximos unha frase célebre de Rosalía de Castro por aula para decorar os escalóns de subida ás aulas: 














FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

miércoles, 22 de febrero de 2023

CONMEMORACIÓN DO ENTROIDO

 O venres 17 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido!

Este ano seguindo o proxecto documental integrado "Aforra enerxía, coida a Terra... alongaremos a vida", o cole encheuse de disfraces realizados con materiais de refugallo.



Coma todos os anos, o Meco escribiunos ordes durante a semana:


Este curso recuperamos a vella tradición de desfilar por fóra do colexio:

lunes, 20 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O xoves 23 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía de Castro.

Xoán estivo a recopilar información, vídeos, xogos sobre esta poeta e escritora galega. 

Rosalía de Castro é unha das figuras máis representativas da poesía galega. Naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e pasou a súa infancia entre as vilas de Ortoño e Padrón. Desde ben pequena amosou un grande interese polo debuxo, a música e o recitado. 

 


As obras máis emblemáticas de Rosalía de Castro son Cantares Gallegos e Follas Novas. A continuación poderás escoitar algún dos seus poemas máis coñecidos:

 


 


 

 

Moitos artistas renderon homenaxe a figura de Rosalía de Castro:

 


 

Os nosos compañeiros e compañeiras do cole tamén renderon homenaxe a figura de Rosalía de Castro:

 

 
  

Agora tócavos, canto sabedes de Rosalía? Aquí quedan uns xogos para demostrar a vosa sabiduría. Ánimo!

















Para rematar dúas curiosidades sobre Rosalía. A primeira é que Rosalía de Castro xa ten estrela a 240 anos luz da súa terra:



A segunda é que o 23 de febreiro fixouse no Calendario do Libro e de Lectura como aniversario do nacemento da autora. A asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas.
Aquí vos deixamos como facer a vosa propia flor:

martes, 31 de enero de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz e non Violencia o alumnado de 5º de Educación Primaria artellou o Manifesto leído no patio do colexio. 





















Rematamos o evento cantando e bailando a canción "Móvete" de Paco Nogueiras:


martes, 17 de enero de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 O 30 de xaneiro conmemórase o Día Internacional da Paz e a Non Violencia.

Para celebrar este día, Xoán preparou unha selección de material para todos e todas:






































































Agora unhas curtametraxes:

"CADEA DE FAVORES INFINITAS"



"LOS NADIES"



"ANUNCIO LOTERIA DE NAVIDAD 2015: LA HISTORIA DE JUSTINO"



"CAMBIO DE PILAS"



"LILY Y EL MUÑECO DE NIEVE"



"OKTAPODI"



"ZANAHORIA DE LOCURA"



"MALAK AND THE BOAT"



"¿EN QUÉ SUEÑAN LOS NIÑOS REFUGIADOS?"



"CONTÁGIAME TU PAZ"




"NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO"
Mahatma Ghandi