lunes, 20 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O xoves 23 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía de Castro.

Xoán estivo a recopilar información, vídeos, xogos sobre esta poeta e escritora galega. 

Rosalía de Castro é unha das figuras máis representativas da poesía galega. Naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e pasou a súa infancia entre as vilas de Ortoño e Padrón. Desde ben pequena amosou un grande interese polo debuxo, a música e o recitado. 

 


As obras máis emblemáticas de Rosalía de Castro son Cantares Gallegos e Follas Novas. A continuación poderás escoitar algún dos seus poemas máis coñecidos:

 


 


 

 

Moitos artistas renderon homenaxe a figura de Rosalía de Castro:

 


 

Os nosos compañeiros e compañeiras do cole tamén renderon homenaxe a figura de Rosalía de Castro:

 

 
  

Agora tócavos, canto sabedes de Rosalía? Aquí quedan uns xogos para demostrar a vosa sabiduría. Ánimo!

















Para rematar dúas curiosidades sobre Rosalía. A primeira é que Rosalía de Castro xa ten estrela a 240 anos luz da súa terra:



A segunda é que o 23 de febreiro fixouse no Calendario do Libro e de Lectura como aniversario do nacemento da autora. A asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas.
Aquí vos deixamos como facer a vosa propia flor: