viernes, 19 de enero de 2018

30 de xaneiro, Día da Paz

O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o día escolar pola Paz, coincidindo co aniversario da morte de Gandhi ( 30 de xaneiro de 1948).
Entre outras actividades diseñaremos entre todo o alumnado do colexio unha árbore con mensaxes de paz que colocaremos no patio, os alumnos/as de sexto redactarán  o manifesto pola paz que leerán ese día no patio o resto dos seus compañeiros/as e ademais cada clase diseñará un slogan pola paz..

viernes, 12 de enero de 2018

PRESENTACIÓN DO POEMARIO: TEMPO TRANSFIGURADO

Feliz Ano. Este novo trimestre convidámosvos a pasar pola libraría Cartabón (Urzaiz 125) de Vigo o próximo xoves 18 de xaneiro para asistir a presentación do poemario Tempo Transfigurado: o canto das sereas , publicado na colección Tambo do selo Faktoría K de libros Kalandraka, nun recital aberto ao público no que o autor estará acompañado pola escritora Ledicia Costas e polo director de Tambo, Luís Rei Núñez.Esperamos que sexa do voso agrado.




viernes, 17 de noviembre de 2017

LIBROS PARA SOÑAR

:
Hoxe a partir das 18:30 na libraría Libros para soñar , na rúa Triunfo 1, en Vigo actuará a Banda dos Cueiros, que interpretarán unha escolma de cancións tradicionais para público infantil a partir de textos literarios, recollidas no seu primeiro libro-cd.
Trátase dunha actividade lúdica e didáctica para rapaces e rapazas de ata 7 anos aproximadamente.

martes, 7 de noviembre de 2017

PHOTOCALL SAMAGOSTÍN

Aproveitando o proxecto anual sobre "O CINE"que realizaeremos o longo do curso fixemos varias persoaxes de diferentes películas de medo para que os alumnos/as se fotografasen -
Aquí están os de infantil.
E aquí as de primaria




LECTURAS DE SAMAGOSTÍN







 O pasado día 31 de novembro con motivo do SAMAGOSTÍN os alumnos e alumnas de 5ºA pasaron polas aulas de Educación Infantil na hora de ler para contarlle contos de medo os máis pequenos do colexio.
.Moitas  grazas.