Outro ano máis chegou o Samaín e os nenos e nenas do colexio viñeron disfrazados de bruxas, esqueletos, fadas,etc....Que medo!.
Ademais fixeron nas clases unhas pocións máxicas que colocamos nas corcheiras e que puderon realizalas na clase facendo como un ritual de Samaín para a cal utilizaron zume de uva , de laranxa, granada, etc...
martes, 12 de noviembre de 2019
PROXECTO ANUAL
Este curso levaremos a cabo un proxecto anual no colexio que nos fará tomar conciencia do importante que é coidar o noso planeta, e para elo traballaremos todo o que ten que ver co cambio climático, co coidado do medio ambiente , ca reciclaxe, co consumo responsable, ca vida saudable, etc...
Poñémonos mans a obra e para elo xa comenzamos por eliminar das merendas do noso recreo todos os envases de plástico na medida que nos sexa posible, por eso diseñamos un calendario de merendas saudables.
martes, 5 de noviembre de 2019
LEMA ANUAL BIBLIOTECAS

Como en anos anteriores a consellería de Educación no contexto das actuacións para a atención das bibliotecas escolares e o fomento da lectura , integradas no Plan LÍA de bibliotecas, achéganos o cartel co lema anual : BIBLIOTECA ESCOLAR,VIVEIRO DE CIDADANÍA, co que se queren lembrar as oportunidades que ofrece a biblioteca escolar para reforzar as aprendizaxes de habilidades sociais e valores democráticos esenciais para unha participación activa e responsable nos distintos eidos da vida.
O que se pretende é que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento , o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación , a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.
En definitiva que a biblioteca escolar pode ser ese "viveiro" para crear unha cidadanía responsable e crítica que a nosa sociedade precisa.
MOCHILAS VIAXEIRAS
miércoles, 23 de octubre de 2019
APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA UN CURSO MÁIS!
O xoves conmemórase o Día da Biblioteca, como se ven facendo cada 24 de outubro desde 1.997.
Como sabedes estamos no outono e as nosas amigas Hermenexilda e Casilda (moi amigas de Xoán, o noso superheroe da biblioteca), co lema "Sexamos o cambio que queremos ver no mundo", anímannos a coñecer e a utilizar a biblioteca do centro que a partir de hoxe estará aberta a comunidade escolar.
O horario será:
- Luns, mércores e xoves de 16 a 17:30 horas.
- Martes de 16 a 17 horas.
ESPERÁMOSVOS A TODOS E DESEXÁMOSVOS UNHAS BOAS LECTURAS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












