Grazas polos xoguetes tan fermosos feitos con material de refugallo, lográchedes incentivar a conciencia ecolóxica dos máis pequenos.
Reciclando e xogando na casa.
Bo traballo!
martes, 3 de diciembre de 2013
viernes, 29 de noviembre de 2013
CULTURGAL CHEGOU A PONTEVEDRA!
Culturgal é a Feira das Industrias Culturais. É un evento cultural para o desfrute de toda a familia que trata de potenciar a cultura galega na comunidade. Celebrarase no Pazo de la Cultura da cidade do Lérez entre os próximos días 29 e 30 de Novembro e 1 de Decembro. Todos os asistentes poderán gozar dunha morea de actividades lúdico-culturais, o espazo albergará tamén unha feira onde as empresas participantes expoñerán os seus produtos á venda e na tenda Culturgal poderanse adquirir produtos cun 10% de desconto. Entre outros o público encontrarase con temas como a literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo, maxia, novas tecnoloxías, etc.
A entrada será gratuíta aínda que o público poderá pagar unha entrada voluntaria para colaborar.
A entrada será gratuíta aínda que o público poderá pagar unha entrada voluntaria para colaborar.
(Preme na imaxe para ver o programa)
martes, 26 de noviembre de 2013
Formación para nais e pais na Semana do Aleitamento, do 26 ao 30 de novembro en Goián.
Coincidindo coa celebración do Día
Mundial contra a Violencia de Xénero o Concello de Tomiño celebra a súa
Semana do Aleitamento. Estas xornadas comezan o martes 26 e rematan o
sábado 30, ofrecendo obradoiros para pais e nais que nesta edición estarán centrados na comunicación que se emprega no proceso de crianza ainda
que tamén hai programada unha charla sobre ximnasia hipopresiva e o
sábado levarase a cabo un obradoiro de cantigas de berce. Todas as
actividades da Semana do Aleitamento son de balde, pero para algunhas
delas é necesario facer inscripción previa. No caso das actividades do
martes e do mércores haberá servizo de gardería no propio auditorio.
Programación da Semana do Aleitamento
Martes 26 de novembro
Charla: Dime como falas e direite como educas. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
- Auditorio de Goián ás 17.00
Mércores 27 de novembro
Charla: Muller, saúde e recuperación postparto. Impartida por Aurora Costas, experta no método hipopresivo
- Auditorio de Goián ás 17.00
Xoves 28 de novembro
Obradoiro: A linguaxe positiva e a conducta alternativa. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
- Centro Goianés ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Venres 29 de novembro
Obradoiro: Algúns trucos para unha comunicación eficaz. Impartida por Teresa Hernández, coach persoal, familiar e educativo
- Centro Goianés ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Sábado 30 de novembro
Obradoiro de nanas: Entre arrolos e contiños. A cargo de Migallas Teatro para familias con nenos pequenos.
- Auditorio de Goián ás 17.00, necesaria inscrición no 986 622 001
Máis información en concellotomino.com e no 986 622 001
- Auditorio de Goián en Rúa de Pío Troncoso, teléfono 986 622 988
- Centro Goianés en Avda. Ordóñez 9, teléfono 986 620 017

viernes, 22 de noviembre de 2013
Fina Casalderrey numeraria da Real Academia Galega!
A escritora Fina Casalderrey ingresará este venres, día 22, como académica numeraria da Real Academia Galega (RAG), nun acto, ás 19.00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, segundo informa a institución académica.
Neste, Casalderrey dará lectura ao seu discurso de ingreso 'Viaxe á semente. Dende vos refachos do corazón ata onde habita ou imaxinario'. Tras a súa intervención, e en nome da Real Academia Galega, responderalle Rosario Álvarez Blanco.
Fina Casalderrey Fraga, nacida en Xeve (Pontevedra) en 1951, compaxinou a súa faceta de escritora, fundamentalmente no ámbito da literatura infantil e xuvenil, coa de profesora de Educación Secundaria.
Parabén Fina!
Neste, Casalderrey dará lectura ao seu discurso de ingreso 'Viaxe á semente. Dende vos refachos do corazón ata onde habita ou imaxinario'. Tras a súa intervención, e en nome da Real Academia Galega, responderalle Rosario Álvarez Blanco.
Fina Casalderrey Fraga, nacida en Xeve (Pontevedra) en 1951, compaxinou a súa faceta de escritora, fundamentalmente no ámbito da literatura infantil e xuvenil, coa de profesora de Educación Secundaria.
Parabén Fina!
miércoles, 20 de noviembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

